Skip to Content

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Valga

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Valga

Con motivo do “Día Internacional contra a Violencia Machista”, o 25 de novembro, a comunidade educativa do IES Valga celebrou, neste día, un acto para manifestar o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres e sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social.
A carpa, instalada nun dos patios do noso Centro, foi o escenario da actividade programada: a colocación de 37 pares de zapatos vermellos de muller, e 24 pares de zapatos de nenas/os brancos, simbolizando respectivamente, as 37 mulleres asasinadas polas súas parellas no que levamos neste ano 2021, e os 24 orfos deixados por estas mulleres. O acto contou co acompañamento musical do alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato, dirixidos polo profesor Manuel Villar, que interpretaron varias pezas musicais: "The hanging tree", "Moon river" e "Lo que es nuestro".

O acto tamén serviu para dar os premios do II concurso literario convocado pola Biblioteca contra a violencia machista "Ármate de valor". En relación a este concurso literario, tivo lugar a lectura dos textos gañadores.
Resultaron gañadores deste concurso: Ángela Costa Suárez, de 2º ESO A e Antía Martínez Sanmarco de 1º B (1º e 2º premio da categoría 1º e 2º ESO e 1º e 2º FP Básica respectivamente); Herea Eitor Lois de 4º C e Rosalía Muíño Cotón, de 4º B (1º e 2º premio na categoría:3º e 4º ESO e FP de Ciclo Medio); por último na categoría de adultos só houbo un 1º premio, quedando o 2º premio deserto, sendo a gañadora: Sara de los Santos Amboage, nai da alumna de 4º ESO Sara Manni de los Santos. Todos os premiados e premiadas recibiron un vale para a cafetaría do noso centro ou para a librería Cativos. Parabéns ás gañadoras!!!
Acto  contra a viloencia machista 25-N

Acto  contra a viloencia machista 25-N          Acto  contra a viloencia machista 25-N



page | by Dr. Radut