Skip to Content

Celebramos a Festa dos Maios

Festa dos Maios 2021

Na tarde do luns 3 de maio e no patio exterior, celebramos a Festa dos Maios. Pola mañá alumnado da ESO construiu un maio, elaborado cos materiais tradicionais como fiuncho, xestas, ovos..., e xa pola tarde alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO participaron, arredor do maio, cantando diferentes coplas con  letras satíricas relativas a temas de actualidade como a pandemia ou a vida diaria no IES. A súa interpretación estivo acompañada pola música composta nas últimas semanas.

Un xurado formado por un representante da ANPA “A Bella Otero”, a profesora Maruxa Barca e a alumna de 1º Bacharelato, Sara Iglesias, foi o encargado de valorar as actuacións e repartir os dous premios que había nesta actividade.  O 1º premio, cortesía da A ANPA "A Bella Otero", foi para o alumnado de 3º ESO A e consiste nunha sesión de condución no karting de Valga; e o 2º premio, en  vales a canxear na cafetaría do IES foi para o alumnado de 3º ESO B. Noraboa aos gañadores e tamén a todo o alumnado participante.

1º premio alumnado 3º ESO A

Festa dos Maios 2021



page | by Dr. Radut