Skip to Content

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato asiste a unha charla sobre o impacto económico da COVID-19

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato na charla de Economía

O alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato asisitiu, na aula de 4º ESO B, a unha interesante charla impartida polo profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, Melchor Fernández que, co título "O impacto económico da crise sanitaria COVID-19", centrouse en introducir os modelos de avaliación de impacto económico xeralmente usados en economía, utilizando como exemplo a análise da situación xerada pola crise sanitaria provocada polo COVID-19.

A actividade foi organizada polo departamento de Economía dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade de Santiago de Compostela”.

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato na charla de Economía



page | by Dr. Radut