Skip to Content

Cine Forum no IES Valga

Este xoves, 6 de febreiro chega a Biblioteca do IES de Valga, Anthony Quinn, o famoso actor; nesta ocasión caracterizado como "Zorba el griego", película baseada na obra homónima de Nikos Katzanzakis. Vos veredes, pero compartir tarde con Zorba non está ao alcance de calquera, súa risa, vitalidade, filosofía, todo unha forma de vivir. Bailar, reir, soñar, pode haber mellor xeito de pasar a tarde? En fin, podedes quedarvos na casa vendo culebróns, durmindo... Anthony Quinn non ten pensado pasar de novo por Valga, que se saiba. Zorba sí, a Zorba o atoparedes en calquera momento, alí onde haxa unha gargallada chea de vida. Empezamos as catro e media, na biblioteca do IES.



page | by Dr. Radut