Skip to Content

Xuntanza do Clube de Lectura este xoves 28 de novembro

Infamia. Ledicia Costas O vindeiro xoves 28 de novembro, terá lugar unha nova xuntanza do Clube de Lectura de adultos do noso Centro. Será a partir das 16:30 horas na Biblioteca, un encontro para conversar sobre a novela "Infamia" de Ledicia Costas.

En palabras do responsable do Clube de Lectura de adultos do noso Centro, Víctor González:

"o xoves 28, arredor de Infamia, a obra de Ledicia Costas, imos ter a coñecida tertulia do club de lectura na biblioteca do IES de Valga. Non esperedes, os que teñades a ben vir, atopar alí xente ilustre ou maiúscula, non son necesarias, pero si virá xente importante, xente sabia, xente que terá moito que dicir e que convén escoitar con atención, xente curiosa, que sabe escoitar. Non son, logo, tertulianos ao uso, deses que saen pola televisión e que presumen de saber de todo, deses que todo saben e todo entenden; eses non os atoparedes, máis ben son xente amiga a que acude á tertulia do club de lectura, que máis imitan ao gran Sócrates, o filósofo que aos fanfarróns de turno tanto cansa escoitar. Alí estaremos, esperándovos cos brazos abertos. Saúde"

Agardamos a vosa asistencia. 



page | by Dr. Radut