Skip to Content

Éxito da Banda de Música Municipal de Valga na Cidade da Cultura

 O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura foi escenario na tarde do pasado sábado 21 de setembro, da versión en galego de Carmina Burana dentro do ciclo Viraxes. A representación desta obra foi levada a cabo de xeito maxistral pola Banda de Música Municipal de Valga, os solistas Esperanza Mara (soprano), Enrique Alberto Martínez (tenor) e Eliseu Mera (barítono), o coro vigués Gli Appassionati e o coro de nenos e nenas da Escola de Música Municipal de Valga. Todos eles baixo a dirección de Manuel Villar Touceda.

Parabéns!!! polo éxito acadado a tódolos integrantes deste espectáculo e en especial ao alumnado que é ou foi do noso Centro e aos nosos compañeiros, Eliseu Mera e Raúl Gómez Pato.

Picando aquí máis información sobre esta representación.

 



page | by Dr. Radut