Skip to Content

Alumnado de 1º e 2º ESO do Clube de Lectura da Biblioteca visita A Coruña

Alumnado de 1º e 2º ESO Clube de Lectura en A Coruña

O pasado 20 de xuño, alumnado de 1º e 2º de ESO dos diferentes clubes de lectura da Biblioteca do noso Centro, realizou unha saída extraescolar á cidade de A Coruña. Visitaron a Torre de Hércules e a Casa dos Peixes; despois de xantar no Centro Comercial Marineda, tiveron ocasión de disfrutar dun tempo libre na praia de Riazor. Foi o lúdico final a un ano de intercambio de praceres sobre diferentes libros que estes rapaces e rapazas foron lendo ao longo deste curso académico e que coordinou un ano máis con acerto o profesor Miguel Fernández. A actividade foi organizada pola Biblioteca e o alumnado estivo acompañado polos profesores Miguel Fernández e Bienvenido Neo.

 



page | by Dr. Radut