Skip to Content

Gañadores da IX Carreira pola Lingua

Gañadores da IX Carreira pola Lingua

Log EDLOs participantes da IX edición de "Bota unha Carreira pola Lingua", con saída dende o IES, correu por diferentes espazos do concello coma a Avenida Bella Otero, A Bouza, Outeiro, Senín, Sisto, O Carballiño, Baño e regreso ao punto de partida. Establecéronse dous percorridos, un máis curto para os rapaces de Primaria, e outro de case sete quilómetros para os maiores. Os primeiros clasificados nesta carreira foron: na categoría de alumnado de Primaria do CEIP de Baño e o CEP Xesús Ferro Couselo, a alumna Nerea Novo Romero e o alumno Roberto Pérez Cicón. Na categoría de alumnado do IES, resultaron vencedores Aroa García García e Adrián Touceda García. Por último, na categoría de maiores de 18 anos gañaron Mar Tejero e Daniel Loureiro. Parabéns aos gañadores e gañadoras pero tamén a tódolos que participaron nesta inciativa en defensa e reivindicación da nosa lingua. 

2º clasificados IX Carreira pola Lingua

3º clasificados IX Carreira pola Lingua



page | by Dr. Radut