Skip to Content

Celebramos a IX edición da Carreira pola Lingua

IX Bota unha Carreira pola Lingua

 LogoEDL

O día 16 de maio celebramos a IX edición de “Bota unha Carreira pola Lingua” na que participaron tódolos centros educativos do concello de Valga. Foi un día moi especial no que ademais da carreira fixémoslle unha homenaxe a Antonio Fraguas, o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Ademais da carreira, tivemos diversas actuacións por parte de Isabel Catoira, Soralla e Carmen Varela, Zelani Blanco e contamos tamén cun artista invitado A Banda de Balbina que contribuíu a que este día fose ademais de reivindicativo moi divertido. O acto foi presentado  pola alumna de 1º Bacharelato , Valeria Gómez. Agradecemos ao Concello de Valga e tamén  á Policía Municipal, voluntarios de Protección Civil e o GES a súa colaboración.

Música e Premios da IX Bota unha Carreira pola Lingua

A Banda de Balbina na IX Carreira pola Lingua



page | by Dr. Radut