Skip to Content

Teatro por un mundo sen fronteiras para o alumnado do 1º Ciclo da ESO

Alumnado do 1º Ciclo da ESO no teatro    Logo EDL

O mércores 5 de decembro o alumnado de 1º ciclo de ESO acudiu ao Auditorio de Valga para  asistir a un espectáculo baseado na obra teatral "O Valo" de Carlos Labraña, gañadora  do IX premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A obra, que foi representada pola compañía Xoré Teatro, é unha homenaxe aos máis de cinco millóns de persoas que tiveron que aboandonar o seu fogar a causa da guerra de Siria e buscar refuxio noutros lugares. A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 
   


page | by Dr. Radut