Hoxe, mércores 28 de novembro, estivo na Biblioteca do IES de Valga o investigador, profesor da UDC e divulgador científico Xurxo Mariño, impartindo unha conferencia baixo o título "Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" na que se reflectiron as experiencias derivadas da súa viaxe polo mundo durante case un ano. Na súa intervención, seguida con moito interese polo alumnado e profesorado presente, mesturou anécdotas con descricións científicas que foron xurdindo ao longo das etapas que viviron os viaxeiros deste sorprendente periplo. O relatorio foi organizado polo Departamento de Filosofía e nel estivo presente alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 1º de FP Básica. Máis información desta nova picando aquí. |
|