Skip to Content

Alumnado de 3º ESO realizou a saída: COÑECENDO GALICIA - ROTEIRO CURROSIANO

Alumnado de 3º ESO en Celanova O 5 de marzo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou unha nova viaxe dentro do seu proxecto COÑECENDO GALICIA. Nesta ocasión o alumnado de 3º ESO desprazouse ata Celanova para realizar un roteiro literario e artístico organizado pola Fundación Curros Enríquez. Foron moitos e moi interesantes os lugares visitados como A casa dos Poetas, casa natal de Curros Enríquez; o Mosteiro de San Rosendo, do que nos impresionaron os altares de folla de ouro, a sacristía, o coro, o órgano…; a Capela de San Miguel, unha fermosa e pequena  capela mozárabe construída no século X ;a celana que o poeta Celso Emilio Ferreiro escribiu o coñecido poema     “Longa noite de pedra”; a espléndida biblioteca do IES de Celanova; ou a aldea medieval de Vilanova dos Infantes, onde visitamosa Torre da Homenaxe e a Cova de San Vivián. Paula, a guía que nos acompañou  en todo momento, foi quen fixo posible que esta experiencia fose tan interesante e didáctica para todos nós.

Máis información:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Vilanova_dos_Infantes,_Celanova

https://gl.wikipedia.org/wiki/Mosteiro_de_San_Salvador_de_Celanova

http://www.currosenriquez.es/                                          

 
   


page | by Dr. Radut