Skip to Content

FAMILIAS. Reunións de comezo de curso

Prezadas familias, 

Os vindeiros 13 e 14 de outubro terán lugar as habituais reunións de comezo de curso co profesorado titor das vosas fillas e fillos. Por motivos de espazo -e dentro das medidas sanitarias do protocolo COVID- só poderá acudir un(ha) responsable por alumna/o, a excepción daquelas familias onde as/os responsables non compartan domicilio.

Pregámoslles que no centro observen coidadosamente as medidas sanitarias vixentes (uso de mascarilla obrigatoria, distancias de seguridade, limpeza de mans, etc.) e SE DIRIXAN DIRECTAMENTE Á AULA DE REFERENCIA das súas fillas e fillos.

  • 1º ESO (entrada principal, porta da dereita - frechas amarelas) - mércores 13 de outubro ás 19h.
  • 2º ESO (entrada principal, porta da esquerda - frechas violetas) - mércores 13 de outubro ás 19h.
  • 3º ESO  (entrada lateral dereita -cafetería- frechas rosas) - xoves 14 de outubro ás 19h.
  • 4º ESO  (entrada traseira esquerda- frechas verdes) - xoves 14 de outubro ás 19h.

 

INFORMACIÓN SOBRE AS PRESENTACIÓNS DE COMEZO DE CURSO

Debido a problemas que nos son alleos, relacionados coa actualización do novo curso do sistema Abalar, a información sobre as presentacións de comezo de curso recibirana o martes 14 de setembro.
Coma sempre, se precisan información a maiores poden poñerse en contacto co centro.
Sentimos as molestias que isto lles poida ocasionar.
A Dirección

CENTRO PECHADO DE 10h A 12h (mércores 8 setembro)

Prezadas familias e alumnado, 

Mañá mércores 8 de setembro vémonos na obriga de pechar o centro de 10h a 12h para a realización dun claustro do profesorado no hall de entrada, ao tratarse do único espazo axeitado para acoller un número tan elevado de persoas e poder atender as medidas COVID.

Se precisan realizar algún trámite mañá, deberán acudir ao centro antes das 10h ou despois das 12h. O servizo telefónico de conserxería estará dispoñible no horario habitual.

Sentimos as molestias que esta medida lles poida ocasionar.

Un saúdo, 
O equipo directivo

NOTAS SETEMBRO E MATRÍCULA 21/22

As cualificacións da avaliación extraordinaria de setembro serán comunicadas vía ABALAR mañá sábado 4 de setembro ás 17h.

A matrícula para o vindeiro curso deberá formalizarse entre o luns 6 e o martes 7 de 9h a 12h. NON É PRECISA CITA PREVIA

Os impresos de matrícula pódense atopar neste post do mes de xullo.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS

Xa están publicadas as listaxes provisionais do reparto do fondo de libros. Pódense consultar no centro de 9:00 a 14:00. O prazo de reclamacións é do 15 de xullo ó 26 de xullo ambos incluidos.

Exames da convocatoria de setembro

Distribuir contido


by Dr. Radut