Skip to Content

ACCESO ÁS REUNIÓNS TELEMÁTICAS DE ACOLLIDA

Como debemos facer para unirnos?

  1. SEMPRE, dende a conta @iespacachada.net das vosas fillas e fillos.

  2. Conectándovos a MEET (https://meet.google.com/)

  3. SEMPRE co micrófono muteado, en silencio, para evitar que se acople o son.
    Se precisades intervir, por favor, facédeo a través do chat da aplicación.

  4. Para a reunión do LUNS 26 co Equipo Directivo (20h), introducindo o código: XXXX
    [Esta información xa non é válida pasada a data e hora da reunión]


  5. Para a reunión co profesorado titor, a través do grupo de titoría de GClassroom no que están inscritas as vosas fillas e fillos.
    Alí, atoparedes o código correspondente ou a ligazón que o profesorado titor vos facilitou para a súa reunión particular.


Vémonos nun intre!
O equipo directivo

 

 

Reunións telemáticas co profesorado titor

Prezadas familias,

A vindeira semana terán lugar as “xuntanzas de acollida” coas familias.
Nesta ocasión, e dada a situación sanitaria que estamos a vivir, estas xuntanzas deberán ser telemáticas.

O calendario proposto será o seguinte:

Luns 26 ás 20h, presentación do centro e do curso a cargo do Equipo directivo.

Luns 26 ás 20h30, xuntanzas de 1º ESO

Martes 27 ás 20h30, xuntanzas de 2º ESO

Mércores 28 ás 20h30, xuntanzas de 4º ESO

Xoves 29 ás 20h30, xuntanzas de 3º ESO

O sistema de conexión será a través de Meet (https://meet.google.com/). O profesorado proporcionaravos unha ligazón de conexión a través do seu grupo de titoría de Google Classroom. As familias deberedes conectarvos coa conta das vosas fillas e fillos.

FINALIZACIÓN REPARTO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Estimadas familias, vén de finalizar o reparto ordinario dos libros do fondo. Se algunha familia non recibiu algún dos libros reflectidos na listaxe definitiva, póñase en contacto URXENTEMENTE coa secretaría do centro. Despois de facer o reparto para os casos de emerxencia social, debidamente acreditados polo departamento de orientación, comezaremos o reparto dos libros restantes entre o alumnado que precise máis libros dos outorgados pola participación no fondo solidario de libros de texto.

PLAN DE ACOLLIDA: PRESENTACIÓN DO ALUMNADO

Prezadas familias e alumnado,

No arquivo adxunto atoparedes todo o relativo a datas, horarios e protocolos para este convulso comezo de curso. Pregámosvos que se fala labor de concienciación en todas as casas sobre a importancia de cumprir todas estas novas normas.

Por favor, prestade especial atención ao MATERIAL NECESARIO para o primeiro día.

Un saúdo e feliz comezo de curso a toda a comunidade educativa do IESP A Cachada

O equipo directivo

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2020·2021

Prezadas familias e alumnado, 

Ao longo desta mañá recibiredes información a través de Abalar referente ás datas, horarios e protocolos para o inicio do curso.

Gustaríanos tervos informado moito antes, mais a falta de profesorado e as disposicións loxísticas (anteparos e outros) que tivemos que artellar nos últimos días impedíronos proceder nos tempos que nos semellan axeitados.

Agardamos que saibades entender que todo iso é alleo ao propio centro e que estamos a traballar arreo para que comecemos o curso nas mellores condicións posibles.

Unha vez máis, o claustro da Cachada súmase ao voso moi comprensible malestar.

Un saúdo, 
O equipo directivo

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE MATERIAL

Pódense consultar no taboleiro do centro as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas para a participación no fondo solidario de libros para o curso 2020/2021 así como as solicitudes concedidas de vales de material. Nas listaxes figuran os libros concedidos en cada caso. As solicitudes presentadas na sede electrónica poderán consultar a resolución definitiva a través dela.

Os vales poderán recollerse no centro a partir de mañá pola persoa solicitante. Será necesario presentar un documento de identificación.

Distribuir contido


by Dr. Radut