Skip to Content

blogue demoreiras

Departamento Tecno 2018/19

Esta é á páxina do Departamento de Tecno. Preme dentro da cela para acceder a:

Blog de Tecno

Programación e

Recursos educativos 

Titoriais de robótica

feitos polo noso alumnado

Nós somos:

Memorias Cruzadas 1ªparte

A semana pasada tivemos a visita do alumnado do Instituto Alain-Jacques, primeira parte do intercambio que anualmente existe co noso centro.

Organizáronse actividades como visita á Illa de San Simón, centro de interpretación Campo Lameiro, museo Castelao, xogo de pistas nocturnas en Santiago de Compostela, charlas de Memoria Histórica...

Proximamente, teredes no Flickr todas as fotos. Pero para ir abrindo boca...

Bota a andar a 2ª andaina do CdC: Casiña dos Maios 2

Este é o segundo curso de traballo no noso Club de Ciencia, no que como sabedes estamos facendo unha investigación sobre a Bioconstrución. Trátase dun proxecto STEM no que resulta fundamental un tratamento desde a óptica do Método Científico, o que implica seguir os pasos:

O noso centro no proxecto Erasmus STEM

No noso instituto hai xa varios anos que se traballa baixo a filosofía de proxectos integradores de ciencia e tecnoloxía, incluíndo neles a lingua galega, o que para nós é fundamental na normalización da mesma. Se algo temos claro é que a participación neste tipo de proxectos involucra ós estudantes enormemente, xa que os motiva ó propoñerlles problemas auténticos, traballo de equipo, e construción de solucións reais e tanxibles.

Temos dous proxectos fundamentais nesa liña de traballo, dos que podedes atopar información nas respectivas pestanas da nosa web:

  • O proxecto STARgal, que nace no curso 2016, é unha mostra de videoxogos e traballos audiovisuais nos que se tratan temáticas de corte cultural desde unha óptica científica e tecnolóxica: videoxogos programados con Scratch, robots que desenvolven retos baseados e obras da nosa literatura, estruturas a escala humana nas que se experimentan sensacións de realidade virtual...
  • O Club de Ciencia formouse o curso pasado e con el deseñamos e creamos un módulo de bioconstrución para demostrar que as condicións de habitabilidade dunha vivenda elaborada con adobe e madeira eran mellores que as dunha vivenda de formigón. No curso actual continuamos cos traballos de investigación, desenvolvendo subproxectos de meteoroloxía, construción, investigación de radón, sensorización con Arduino...

Do que se trata é de provocar procesos de investigación científica para a aprendizaxe conxunta de novos conceptos de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía dentro dun proceso práctico de deseño e resolución de problemas, tal e como se fai en Enxeñería no mundo real. E sempre en lingua galega, a gran mal parada nos deseños curriculares actuais, como se o futuro houbese de escribirse necesariamente en inglés e español.

STEM: de que se trata?

Desde que nos anos 90 se acuñara o termo STEM (acrónimo en inglés das materias Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), a súa incorporación ó ensino foi tan necesaria como imparable.

O concepto "Educación STEM" non se refere só á colaboración entre as materias, senón que, de acordo coas tendencias educativas actuais (citamos da Wikipedia) debe caracterizarse por:

  1. Ser unha instrución integrada da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeería e Matemáticas, non unha aprendizaxe compartimentada.
  2. Debe ter un enfoque de Enxeñería en canto ó desenvolvemento de coñecementos teóricos para a súa posterior aplicación práctica, enfocados sempre á resolución de problemas tecnolóxicos.

Distribuir contido

by Dr. Radut