Skip to Content

blogue demoreiras

VÍDEO #CASIÑA_MAIOS

Un dos nosos obxectivos no CdC é difundir os fundamentos científicos e beneficios da bioconstrución. Para isto, editamos un vídeo no que explicamos de forma didáctica o noso proxecto:

Por Tania Martínez, Álex Vázquez e Alicia Guijas

CodEquipo codifica o sensor de Temperatura

 

 

Para elaborar esta montaxe comezamos facendo un medidor de temperatura cun TMP 36; os datos líanse no monitor serial do portátil no que se conecta a placa de Arduino. A continuación, fixemos unha montaxe con sensores DHT11 que nos permitiron facer medicións de Temperatura e Humidade, aínda que tivemos diversos problemas porque estes sensores precisan librerías que non tiñamos usado nunca e porque, como descubrimos cando finalmente funcionou o programa, quéimanse ós 5V que proporciona a placa de Arduino (...). A montaxe final é con sensores DHT22. Deixámosvos un par de fotos do traballo e o programa que fixemos, que nos permite ler na pantalla LCD. Para o curso agardamos facer a unidade completamente autónoma grazas ó uso de Raspberry Pi.

 

 

Sementes para o horto de aromáticas

Mentres imos construíndo o invernadoiro para o noso horto, o alumnado estivo xuntando sementes das plantas aromáticas máis características: malva, romero, perexil, orégano, menta, tomillo.

Curso Bruxelas, resumo

 

A profesora de Tecnoloxía Ana Moreiras vén de participar nun curso en Bruxelas dentro do marco do Erasmus "Profesorado competente desde a perspectiva STEM". Trátase dun proxecto europeo coordinado polo CAFI no que participan, ademais, os centros IES Meaño, IES Carlos Casares, IES Pobra do Caramiñal, IES Porriño e IES Xelmírez 2.

O fin deste Erasmus é presentar un catálogo de prácticas STEM que sirvan de guía a outros centros galegos. Para logralo, deseñáronse 3 saídas educativas para participar en cursos europeos e facer job shadowing de dinámicas STEM referencia.

A Casiña dos Maios na 4ª #STEMDiscoveryWeek

O IESP A Cachada está participando en Bruxelas na 4ª #STEMDiscoveryWeek e estamos presentando o noso proxecto A Casiña dos Maios como boa práctica STEM.

 

 

Participamos na 1ª STEM Discovery Week

Dentro da nosa participación do Erasmus "Profesorado competente desde a perspectiva STEM" que o CAFI organiza, asistimos á 1ª STEM Discovery Week que organiza a European Schoolnet, organismo que congrega a todas as institucións europeas que traballan con estratexias STEM.

Nesta semana bota a andar un portal onde poden atoparse todos os centros educativos con STEM label, selo que o IESP A Cachada obtén a través da nosa participación no programa.

Se queredes ver os contidos que estamos a traballar, seguídenos no Blog Erasmus STEM.

Distribuir contido


by Dr. Radut