Skip to Content

Podes atoparnos en...

            

blogue demoreiras

A milla diaria de Outubro

Desde setembro estamos a percorrer unha milla nos primeiros recreos de martes e xoves. Forma parte do programa de actividades saudables do noso Proxecto Deportivo e a Roda do Tempo. Animádevos a participar!

Mentoring con María Magán de La Doce

O martes 10 de outubro tivo lugar a presentación institucional do programa “Mentoring creativo”, enmarcado dentro do Proxecto de emprendemento creativo dende o ámbito local “República Creativa”. A charla dirixiuse ó alumnado de 4º ESO da materia de iniciación a actividades emprendedoras e empresariais e é unha das actividades que forman parte do Plan de Acción Titorial e do Plan de Orientación
Académica e Profesional do Centro.

Trátase dunha actividade que se desenvolve en  ectores relacionados coa creatividade en xeral, sector salientable que xenera un movemento económico de arredor de 3 millóns de euros anuais (só en Boiro). O noso obxectivo é presentar á xente moza e creativa unha alternativa de traballo no seu lugar de orixe.

Asistiron ó acto:
o Directora Xeral de Xuventude, Dna. Cecilia Vázquez Suárez
o Alcalde do Concello de Boiro, D. José Dieste Ortigueira
o María Magán, xerente de La Doce
o Orientadora do centro, Sabela Rodríguez García
o Representantes técnicos do Concello: Alberto García e Adriana Castro
o Director do centro: Mariano Muñiz Blanco

Antecedentes:

Imos ó Curtocircuíto 2018

Como o cuso pasado gañamos un premio no festival audiovisual escolar Olloboi coa curta Máis che vale non ser ti, fomos convidados a participar da sección Canteiras do Festival Internacional Curtocircuíto.

Xunto a outros 8 centros, o venres 6 de outubro presentamos e visionamos no CGAC de Santiago o noso traballo; logo asistimos á gravación do programa El Séptimo Vicio de Radio3 con Javier Tolentino.

Nace A roda do ano

O Correo Galego faise eco do proxecto no que comezamos a fuchicar esta mesma semana: A Roda do Tempo. Unha reflexión sobre o uso que facemos do tempo, particularmente do que adicamos ó noso entorno, a nós mesmas e á nosa xente; unha apelación a non perdernos nas redes sociais e o mundo virtual e, pola contra, repensar o noso papel na natureza e na sociedade. Como eixo vertebrador empregaremos o calendario celta, quen dado o seu apego á terra organizaban as súas festividades en torno a 8 eventos vencellados co sol, o cultivo e a recolleita.

Recoñecidos nos II Premios Proxecta

Comezamos unha nova andaina implicando a máis alumnado e profesorado que nunca: estamos convencidas de que o traballo en equipo baseado na creatividade, o compromiso e o espírito crítico é o camiño. E así nolo recoñeceron nos II Premios Proxecta que outorga a Consellería de Educación.

Encontro do alumnado de 2º coa escritora Eva Mejuto

O martes, 27 de febreiro veunos  visitar Eva Mejuto, a autora do libro 22 segundos. O encontro foi no salón de actos da Cachada. A autora contounos como foi o proceso de creación desta novela, dende que comezou o libro ata que o rematou. Neste libro trátase o tema da transexualidade e falounos das vivencias de moitos rapaces e rapazas trans que están a experimentar este proceso.

Distribuir contido


by Dr. Radut