Skip to Content

blogue demoreiras

Videopoemas 2020

Un ano máis, contamos coa axuda da poeta Antía Otero para achegarnos aos poemas dun xeito máis lúdico, artístico e sobre todo máis comprometido. A temática escollida desta volta é a conciencia sobre o medioambiente, sincronizándonos así co proxecto Erasmus GNS sobre activismo ecolóxico e preparando pezas para a nosa gran mostra STARgal ;) 

Lamentablemente, a COVID 19 non permitiu completar o proxecto, pero así e todo queremos salientar algunhas pezas:

Instalacións da vivenda e aforro enerxético no fogar

Aí van unha serie de consellos para mellorar a eficiencia enerxética dos nosos fogares, e un vídeo para comprender como funcionan as instalacións da vivenda:

Made with Padlet

Made with Padlet

Repensando as nosas vivendas

Ó longo do confinamento, o alumnado estivo dando unha volta a como mellorar a distribución de espazos e os materiais da súa casa en caso de volveren estar confinados, e mesmo a como podería ter sido mellor construída desde un punto de vista estrutural.

Os vídeos están subtitulados en inglés. 

 

Peche Erasmus curso 2019/20

Desafortunadamente, a COVID19 non nos permitiu desenvolver moitas das actividades que estaban previstas, nomeadamente a saída a Italia, onde faríamos a nosa primeira posta en común e compartiríamos os produtos que temos.

Durante o confinamento, porén, seguimos traballando nalgunha das liñas de acción, como a da Bioconstrución e Ecocidades sotibles. Para ela creamos unha serie de vídeos e recursos que podes ver na web BoiHaus.

Valoración final e memoria Erasmus STEM

Tras rematar este proxecto que trouxo tantas aprendizaxes interesantes como sinsabores, achegamos a Memoria presentada desde o noso centro, así como unha valoración final que se espuxo na reunión que mantivemos cos responsables do proxecto no CAFI: Diana Pastoriza e Javier. A coordinadora, María José Suárez, non asistiu á reunión.

Valoración final do proxecto KA 101 2018-1-ES01-KA101-048069, Profesorado competente desde a perspectiva STEM.

 

A materia de TICs 2019/20

Ó longo do curso os dous grupos de TICs traballaron en diferentes proxectos relativos a seguridade no manexo das redes, ensamblaxe de hardware, programación, tratamento da información dixital e creación e publicación de contidos multiplataforma. No blog que creou a alumna Susana Vilarnovo podes ver un exemplo de cada área, da que che destacamos o vídeoclip sobre Carvalho Calero creado coa técnica Found Footage e imaxes do confinamento.

Distribuir contido


by Dr. Radut