Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

blogue demoreiras

PIALE 2018: diario gráfico dunha experiencia educativa

Boas!

Son Ana Moreiras, profe de Tecno na Cachada desde o curso 2008/09.

Durante o mes de outubro do 2018 estiven en Ottawa no seo do programa educavio PIALE: plan integrado de aprendizaxe de linguas estranxeiras. Unha iniciativa dirixida a profesorado que imparte a súa materia noutra lingua (Tecnoloxía en inglés, neste caso) co obxectivo de que reforce a súa competencia lingüística e coñeza metodoloxías semellantes en países con prestixio pedagóxico.

Como memoria desta experiencia, fixen un sketchbook ou diario gráfico no que analizo diferentes aspectos educativos que me chamaron a atención, reflectindo tamén detalles sobre a cultura canadense. O libro foi presentado na Feliic (feira de edición e libro ilustrado) e vai ser editado en Amazon. Se vos interesa (que ilusión) podedes atopalo co nome de "Ottawa meets Galicia, diario gráfico dunha experiencia educativa".

Ademais, editei este vídeo no que intentei resumir os aspectos máis salientables do programa. Que vos guste!

Inauguración da Casiña dos Maios

Tras meses de traballo e ilusión, o equipazo do Club de Ciencia rematamos a primeira fase da Casiña dos Maios: a estrutura, revestimento e peche están acabados, e estamos moi orgullosas do resultado!!

Na TVG, programa A Revista (minuto 52.40) podedes ver un resumo marabilloso do proceso.

Para o ano queda unha segunda fase na que intentaremos electrificar e domotizar o módulo. O grupo de rapaces e rapazas está feliz, orgulloso de ter traballado tan ben, en equipo, con resultados notables, e aprendido sobre algo que non se le nos libros de texto. O proxecto merece absolutamente a pena!!

 

A Casiña dos Maios

Obradoiro RVB: tributo a Chévere

O xoves 21 de xuño o noso equipazo do Obradoiro de teatro Roberto Vidal Bolaño representou diferentes sketches do grupo Chévere, quen veñen de celebrar o seu 30 aniversario sobre as táboas e teñen, entroutros recoñecementos, o Premio Nacional de Teatro 2014.

Baixo a dirección de Sabela Hermida, os nosos xoves actores e actrices interpretaron cun bo pulso rítmico e nun rexistro sorprendentemente adulto, fragmentos de Big Bang, Annus Horribilis, Río Bravo, Testosterona, Citizen, Eurozone e Eroski Paraíso (a súa última obra, aínda en cartel).

 

Teatro

Concerto alumnado de Música

Un ano máis, o alumnado de Música deleitounos coa interpretación de varias pezas clásicas e actuais; entre as que máis gustaron, a da serie Xogo de Tronos (un tema de inspiración celta para a Roda do Ano). Maxistral, como sempre, a dirección das profes, Aurora e Clara! 

Concerto 2018

Letras Galegas e STARgal

Un ano máis, celebramos as Letras Galegas mesturando teatro, literatura, audiovisual e robótica a través do STARgal, o obradoiro de teatro e a romería popular. Tedes todas as fotos no noso Flickr!

Letras Galegas 2018

Ademais, aproveitando que a figura conmemorada era a dunha muller (María Victoria Moreno) elaboramos un mural adicado a todas as literatas recoñecidas da nosa historia. A autora foi Rita Dosil, de 2º.

As representacións do Obradoiro RVB pospuxéronse para xuño, xa que varios intérpretes do elenco foron convocados pola selección de Volei. No seu lugar, representouse Manar, obra producida e interpretada por Sabela Hermida, a nosa profe de teatro.

Pola mañá tivo lugar o STARgal, a nosa mostra de audiovisual e robótica, na que todo o alumnado participou en grupos de 5 persoas, percorrendo as estacións e cumprimentando as seguintes fichas:

Distribuir contido


by Dr. Radut