Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

blogue demoreiras

Nós construímos, malia os vándalos

O equipo do Club de Ciencia está levantando a Casiña dos Maios, baixo a comanda de Guido Tomasini, o noso experto bioconstrutor. Esta fin de semana uns vándalos (si, en xénero masculino) destragaron a estrutura: hai xente que non respecta nada, nin a si mesma.

Pero a moral non decaeu: imos levantar a obra porque o noso valor é crear, construír, traer futuro, mal que lle pese ós necios e escuros. No flickr tedes todas as imaxes do proceso construtivo.

 

Charla de QuerEndo, Mulleres con endometriose

A asociación Mulleres con endometriose veu dar unha interesantísima charla sobre esa enfermidade silenciada que é a ENDOMETRIOSE e que vai afectar a unhas 30 alumnas das que actualmente cursan a ESO no noso centro: o 11% das mulleres no mundo. Os homes tamén a sofren, claro está, en tanto en cando convivan con nós.

 

Gañamos o certame de curtas Alberte Romero!

A curta "Máis che vale non ser ti", de Carlos, Alicia, Álex, Elisa, Carla e Sergio, gañou o 1º premio do certame de curtas celebrado na Pobra

Este Nadal regala tempo

Esta semana estamos desenvolvendo a campaña "Este nadal regala tempo": consiste nun macro amig@ invisible onde alumnado e profesorado do centro fan un agasallo con materiais reciclados baixo a filosofía de invertir esforzo e non cartos no agasallo navideño.

A través dunha enquisa que todos os participantes cobren, emparéllanse os regalos. Aproveitaremos a enquisa para facer un estudo dos hábitos de uso do móbil e do tempo empregado en navegar na web. Logo de realizar a enquisa, o alumnado pasa por unha instalación tecnoartística con dúas montaxes: unha porta con sensor láser e unha árbore con contadores da luz que só se acende se se acerta a combinación correcta de "deuses da luz".

O alumnado, ademais, fixo varios vídeos para ilustrar a campaña. Este é o de Carlos, Álex e Sara, de 3ºC.

Os regalos entregaraos o Equipo Apalpador o día da entrega de notas. Mira as fotos de Rubén Pérez!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut