Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

Xornada de portas abertas para as novas incorporacións do curso 2020/21 e proceso de admisión

Infantil Freixeiro

05/02/2020

Para facilitar ás familias do alumnado de nova incorporación a posibilidade de coñecer as instalacións e as ensinanzas que ofertamos, proximamente poderán visitar o centro coa seguinte distribución:

  • Educación Infantil: mércores 12 de febreiro ás 17:30.
  • Educación Primaria: mércores 12 de febreiro ás 16:30.
  • ESO: Martes 18 de febreiro ás 16:30.

Resumo do calendario do proceso de admisión:

Febreiro 1-17 Reserva de prazas (centros adscritos)
Antes do 28 Lista de reserva
Marzo 1-20 Solicitudes de admisión do novo alumnado
Abril Antes do 25 Lista provisional de admisións
Maio Antes do 15 Lista definitiva de admisións

Calendario do curso 2019-20 no CPI do Feal


Fai clic para ampliar o calendario

11/09/2019

Tendo en conta o calendario escolar, o laboral, e os días non lectivos escollidos polo centro (20 de marzo e 4 de maio de 2020), achegamos un calendario no que se poden ver os días lectivos do curso 2019-20 no CPI do Feal (o último é o 19 de xuño).

Cheques para libros de texto e material escolar de Primaria

05/07/2019

A partir do martes 9 de xullo, poderán recollerse na nosa Secretaría (de 9:00 a 13:30) os cheques de libros de texto e material escolar de Primaria.

Os cheques da ESO serán entregados en setembro.

Fondo solidario de libros de texto, e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

21/05/2019

  • Aberto o prazo para participar no Fondo solidario de libros de texto, e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar, de cara ao próximo curso 2019/20.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño ás 13:30.
  • Os impresos poden atoparse en Secretaría ou Conserxería, e tamén na web da Xunta de Galicia, onde está toda a información: www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Listas de admisión de alumnado definitivas para o curso 2019/20 (e vacantes resultantes)

15/05/2019

Achegamos as listas definitivas de admisión de alumnado no noso centro para o curso 2019/20, en todos os niveis educativos. No caso de Infantil 3 anos, tamén é posible consultar se foi asignado o edificio principal ou a escola de Freixeiro. Ademais, publicamos o número de vacantes resultantes en cada caso.

Vacantes para o curso 2019-20

06/03/2019

Achegamos un documento co número de vacantes do CPI do Feal en cada nivel educativo, para o vindeiro curso 2019-20.

Alumnado de 4° de ESO admitido no IES As Telleiras

26/02/2019

Todo o noso alumnado que solicitou praza no IES As Telleiras, para facer 1° de Bacharelato no próximo curso, foi admitido. Achegamos o documento enviado por este instituto.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido