Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

Publicadas as listaxes do proceso de admisión para novo alumnado

13/05/2021

Xa se poden consultar as listaxes definitivas de admitidos/as para o vindeiro curso. Podedes facelo a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ (empregando certificado dixital ou a chave 365), ou ben no taboleiro do centro.

Publicación da listaxe provisional do proceso de admisión

15/04/2021

Dende hoxe, pódese consultar no taboleiro do centro o alumnado admitido provisionalmente para o vindeiro curso. Tamén podedes consultalo coa Chave 365 ou certificado dixital no seguinte enlace: Admisión.

Imaxes para as familias interesadas en incorporarse ás nosas aulas de Educación Infantil o próximo curso

Infantil Freixeiro

Preme para ver máis fotos

02/03/2021

Aínda que o noso centro non organiza unha xornada de portas abertas este curso (debido á situación sanitaria), pódense ver varias imaxes dos espazos relacionados con Educación Infantil no álbum "Portas abertas en Infantil 2021" (da nosa xa extensa Galería de Imaxes).

Tamén é posible descargar o noso tríptico informativo actualizado en 2020, consultar a nosa zona urbana de influencia, consultar os prazos do proceso de admisión, e descargar o formulario de solicitude de admisión.

Tríptico do Feal 2020

Preme para descargar o noso tríptico

Vacantes para as novas matrículas do curso 2021-2022

26/02/2021

Curso
Prazas vacantes
4º de E. Infantil Freixeiro 16
4º de E. Infantil Feal 25
5º de E. Infantil Freixeiro 0
5º de E. Infantil Feal 4
6º de E. Infantil Freixeiro 0
6º de E. Infantil Feal 22
1º de E. Primaria 13
2º de E. Primaria 13
3º de E. Primaria 3
4º de E. Primaria 3
5º de E. Primaria 2
6º de E. Primaria 5
1º de ESO 19
2º de ESO 3
3º de ESO 6
4º de ESO 19

Prazos do proceso de admisión 2021/2022

08/01/2021

Solicitude de admisión
para o centro adscrito
(alumnado de 4º de ESO que queira
matricularse no IES As Telleiras)
11 de xaneiro -
8 febreiro
Publicación de vacantes antes do 1 de marzo
Presentación de solicitudes de admisión 1 - 22 de marzo
Listaxe provisional de admitidos e non admitidos antes do 25 do abril
Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio
Formalización da matrícula de Infantil e Primaria 20 - 30 de xuño
Formalización da matrícula de ESO 25 - 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO 1 - 10 de setembro

Recollida de máscaras no centro

01/12/2020

A partir do mércores 2 de decembro, en horario de 10:30 a 12:30, as familias que tivestes cheque de material e as que fixestes a solicitude os días pasados, podedes pasar polo centro para recoller as mácaras que propociona a Xunta de Galicia.

Lembrade que é ao acceder ao centro, é moi importante cumprir as medidas hixiénicas recollidas no protocolo COVID.

Orde pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado do centro

13/11/20220

Convocatoria para o reparto de máscaras entre o alumnado do centro

  • Destinatarios que non teñen que presentar solicitude: Alumnado beneficiario da axuda para material escolar no presente curso.
  • Destinatarios que si deben presentar solicitude: Alumnado non beneficiario da axuda para material e que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.
  • Lugar e datas de presentación: Secretaría do centro de 10:00 a 13:00 horas todos os días e os luns tamén de 16:45 a 17:30 dende o 16 ao 27 de novembro.

Descarga do formulario de solicitude

 

Calendario do curso 2020-21 no CPI do Feal

Calendario do Feal 2020-21
Preme para ampliar o calendario

17/09/2020

Tendo en conta o calendario escolar, o laboral, e o día non lectivo escollido polo centro (14 de maio de 2021), achegamos un calendario no que se poden ver os días lectivos do curso 2020-21 no CPI do Feal (o último é o 22 de xuño).

Tríptico do Feal 2020

Tríptico do Feal 2020

25/06/2020

Achegamos o tríptico informativo do noso centro actualizado en 2020.

Listaxes definitivas de admisión para o curso 2020-2021, e prazo de matrícula para este alumnado e o da ESO

22/06/2020

Hoxe publicamos as listaxes definitivas de admitidos para o vindeiro curso.

Atendendo ao recollido nas instrucións da Consellería no referente a protección de datos, haberá dúas maneiras de consultalas:

  1. Presencial: No taboleiro de anuncios do interior do centro.
  2. Non presencial: A través da aplicación admisión de alumnado empregando Chave365 ou Certificado Dixital.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

O prazo de matrícula para o alumnado de ESO que supere en xuño o curso será igualmente do 1 ao 10 de xullo. Os sobres de matrícula serán entregados o día fixado para a entrega e recollida de material. O alumnado que non supere o curso en xuño fará a matrícula en setembro, despois de recibir as cualificacións.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido