Listaxes definitivas de admisión para o curso 2020-2021, e prazo de matrícula para este alumnado e o da ESO
22/06/2020
Hoxe publicamos as listaxes definitivas de admitidos para o vindeiro curso.
Atendendo ao recollido nas instrucións da Consellería no referente a protección de datos, haberá dúas maneiras de consultalas:
- Presencial: No taboleiro de anuncios do interior do centro.
- Non presencial: A través da aplicación admisión de alumnado empregando Chave365 ou Certificado Dixital.
O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.
O prazo de matrícula para o alumnado de ESO que supere en xuño o curso será igualmente do 1 ao 10 de xullo. Os sobres de matrícula serán entregados o día fixado para a entrega e recollida de material. O alumnado que non supere o curso en xuño fará a matrícula en setembro, despois de recibir as cualificacións.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com