Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

Listaxes definitivas de admisión para o curso 2020-2021, e prazo de matrícula para este alumnado e o da ESO

22/06/2020

Hoxe publicamos as listaxes definitivas de admitidos para o vindeiro curso.

Atendendo ao recollido nas instrucións da Consellería no referente a protección de datos, haberá dúas maneiras de consultalas:

  1. Presencial: No taboleiro de anuncios do interior do centro.
  2. Non presencial: A través da aplicación admisión de alumnado empregando Chave365 ou Certificado Dixital.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

O prazo de matrícula para o alumnado de ESO que supere en xuño o curso será igualmente do 1 ao 10 de xullo. Os sobres de matrícula serán entregados o día fixado para a entrega e recollida de material. O alumnado que non supere o curso en xuño fará a matrícula en setembro, despois de recibir as cualificacións.

Ordenadores Edixgal e ordenadores prestados polo centro durante o confinamento

27/05/2020

O alumnado que renove matrícula no centro, poderá quedarse durante o verán os equipos informáticos, tanto de Edixgal, como os prestados polo centro durante o confinamento.

Aquel alumnado que marche do centro, terá que facer entrega dos equipos os días establecidos no calendario de entrega e recollida de material.

Solicitude de axudas para adquirir libros e material escolar

19/05/2020

Dende mañá, día 20 de maio, ata o 19 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

A solicitude poderá presentarse presencialmente no centro (de 09:00 a 14:00 horas) ou na sede electrónica da Xunta.

Notas importantes sobre o proceso:

  • Lembrade que en 5º e 6º de E. Primaria non haberá libro de texto xa que somos centro Edixgal (libro electrónico). Unicamente presentaredes solicitude de material.
  • En 1º de E.S.O. foi tamén solicitado Edixgal. De todas formas, como non sabemos se seremos admitidos, presentaremos solicitude igualmente.

Normas de acceso ao centro para as familias que presenten a solicitude presencialmente:

  • Acceder seguindo as indicacións da Conserxe na entrada.
  • Traer un bolígrafo propio.
  • Vir con mascarilla.

Renovación de matrícula para o alumnado que xa está matriculado no centro no presente curso (Educación Infantil e Educación Primaria)

14/05/2020

Impreso de renovación de Matrícula: Descargar

Co fin de evitar aglomeracións, a renovación da matrícula para o curso 2020-2021, do alumnado que no presente curso xa está matriculado no centro, poderase facer por quendas ou ben online (a opción máis recomendable).

Quendas para facer a renovación de xeito presencial no centro (09:00 - 14:00 horas):

  • Infantil 4 anos: 18 e 19 de maio.
  • Infantil 5 anos: 20 e 21 de maio.
  • 1º de E. Primaria: 22 e 25 de maio.
  • 2º de E. Primaria: 26 e 27 de maio.
  • 3º de E. Primaria: 28 e 29 de maio.
  • 4º de E. Primaria: 1 e 2 de xuño.
  • 5º de E. Primaria: 3 e 4 de xuño.
  • 6º de E. Primaria: 5 e 8 de xuño.

Para a matrícula en ESO, anunciaremos as datas unha vez rematado o proceso en E. Infantil e E. Primaria.

Normas a seguir ao acudir ao centro:

  • Procurar traer o impreso xa cuberto de casa.
  • Respectar as distancias e as indicacións da Conserxe para a entrada ao centro.
  • Traer un bolígrafo propio.
  • É recomendable acudir con mascarilla.

Para facer a renovación online, podedes envíar o impreso cuberto a: cpi.feal@edu.xunta.gal, poñendo no asunto: Renovación e o curso.

Restablecemento do proceso de admisión do alumnado do 11 ao 18 de maio

06/05/2020

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Os novos prazos do proceso quedarán:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

A secretaría do centro estará aberta de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas para atender exclusivamente o proceso de admisión.

Dende o centro rogamos que manteñades as distancias de seguridade, acudades cun bolígrafo propio, e recomendamos o uso de mascarilla.

Información importante para ás familias

Guía de abalarMóbil para as familias

28/03/2020

Estimadas familias: Nestes momentos de incertidume para todos, deixo a vosa disposición unha serie de información, co obxectivo de aclarar algunha da dúbidas que seguro tedes, e informarvos das últimas novidades que imos coñecendo. É moi importante que trasladedes esta información a todas aquelas familias que coñezades, para ver se entre todos imos mellorando os novos procesos de comunicación que teremos que empregrar durante esta dura etapa.

Atentamente e a vosa disposición,

Juan Carlos Bedia Vidal

Director do CPI do Feal.

Nota informativa da Dirección sobre o peche do centro

13/03/2020

Achegamos un pdf da Dirección con información para familias e alumnado sobre o peche do centro.

Actualización: En 6° de Primaria tamén se utilizará a nosa Aula Virtual co alumnado, que neste caso deberá entrar como convidado/a.

Suspensión das clases no CPI do Feal

12/03/2020

Como xa é público nos medios de comunicación, debido á crise do coronavirus, o presidente da Xunta de Galicia anunciou a suspensión das clases nos centros educativos galegos a partir do luns 16 (durante catorce días), sendo voluntaria a asistencia do alumnado mañá venres.

Iremos comunicando a través desta web as instrucións que cheguen desde a Consellería de Educación, e ademais, o alumnado que asista mañá ao centro recibirá unha circular para as familias. De momento, pódense consultar as medidas iniciais no portal educativo da Consellería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido