Saltar navegación.
Inicio

Proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/20

Zona de  influencia urbana do CPI do Feal

Resumimos a aplicación para o presente curso da Orde do 12 de marzo de 2013 (modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017), pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria en centros docentes sostidos con fondos públicos (pódese consultar toda a información no portal educativo da Xunta):

1. Reserva de praza dos centros adscritos

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, debeu presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I entre os días 1 e 15 de febreiro. O centros adscritos ao noso son: CRA de Narón para 1º e 5º de Primaria, e CEIP de Piñeiros para 1º de ESO. O noso centro está adscrito ao IES As Telleiras para 1º de Bacharelato.

2. O alumnado do centro ten garantida a súa permanencia no mesmo ata a finalización das etapas educativas impartidas no centro; polo que o alumnado matriculado actualmente no CPI do Feal non terá que facer ningún trámite, salvo no caso de 4º de ESO.

3. Solicitude de admisión

  • As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se publica como anexo II da orde do 25 de xaneiro de 2017.
  • Os solicitantes presentarán unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar.

Xunto coa solicitude presentarán a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI da alumna/o ou do libro de familia
  • Certificación de matrícula do centro de orixe
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo (o centro estará pechado os días 4, 5, 6 e 19 de marzo)

4. Presentación da documentación acreditativa dos criterios alegados

De existir máis solicitudes de prazas que postos escolares ofertados, abrírase un prazo do 25 de marzo ao 8 de abril para presentar os documentos xustificativos dos criterios de baremación. So será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/a proxenitor/a, titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

5. Resolución provisional de admitidos e non admitidos

As listaxes provisionais publicaranse con anterioridade ao 26 de abril, e poderán ser obxecto de reclamación ante o consello escolar do centro no prazo de 5 días hábiles.

6. Resolución definitiva de admitidos e non admitidos

Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido, antes do 16 de maio.

7. Formalización de matrícula

Os prazos para a formalización de matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso 2019/20 serán os seguintes:

  • Do 21 ao 28 de xuño, para o alumnado de Educación Infantil e Primaria
  • Do 28 de xuño ao 12 de xullo, para o alumnado de ESO
  • Prazo extraordinario do 6 ao 13 de setembro para o alumnado de ESO


O Feal-Narón, 15 de febreiro de 2019.

AdxuntoTamaño
RESERVA_2017_Anexo_I.pdf876.74 KB
ADMISION_2017_Anexo_II.pdf1.01 MB

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com