Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

O Feal piramidal

Pirámide de 3º de ESO AFai clic para ampliar a foto

08/02/2019

Aquí tedes unha pirámide humana improvisada o pasado 6 de febreiro por alumnado de 3º de ESO A, con axuda do seu profe de Educación Física. Grazas a Sara Pazos pola imaxe!

Pantín 2018

Pantín 2018

Fai clic para ver máis fotos

30/06/2018

O pasado 21 de xuño, un grupo de 4º de ESO achegouse á praia de Pantín, para iniciarse no deporte do surf. A actividade estivo un ano máis organizada por Alawa Surfcamp. Podedes ver algunha foto máis de Sonia Álvarez no álbum Pantín 2018 da nosa Galería.

Atletismo no Estadio Municipal Río Seco

Estadio Río Seco 2018Fai clic para ver máis fotos

22/05/2018

O alumnado de 6º de Primaria e 1º de ESO gozou durante a mañá de onte dunha actividade no Estadio Municipal Río Seco. Salto de altura, salto de lonxitude e carreiras de velocidade foron algunhas das probas atléticas que practicaron os rapaces e rapazas coa axuda das monitoras Eva e Yolanda. Agradecemos a inestimable colaboración do Club Atletismo Narón.

Fin da viaxe a Andorra de 4º e 3º de ESO

Andorra - 02/03/2018Fai clic para ampiar a foto

04/03/2018

O sábado ás 11:00 da mañá chegabamos ao centro despois de viaxar toda a noite. Rematabamos así unha semana de días na montaña, de telecadeiras e teleféricos, de nevaradas e sol, de diversión, de novas aprendizaxes... Viñemos moi contentos con todo o grupo esquiando e sen lesións. Esperamos que a viaxe se convirta nunha experiencia inesquecible para todas as participantes. Grazas polo voso comportamento exemplar!!

Sonia e Carlos

Nota: Xa temos un álbum na nosa Galería chamado "Andorra 2018" (grazas especiais a Estefanía Silva Beceiro).

Quinta crónica desde Andorra

Andorra - 01/03/2018

01/03/2018

Hoxe (penúltimo día), ao chegar ao aparcamento do bus tivemos que esperar a retirada da neve da saída, momento que aproveitamos para facer esta foto. Chegamos xustas para coller o material (que gardamos cada día nunha gaiola na propia estación) e comezar o curso.

Despois de dous días sen poder facelo, a nosa compañeira Alba Rey recibiu un curso personalizado de esquí da man dos nosos profes Sonia e Carlos, para recuperar o tempo perdido.

Pola tarde, mentres un grupo seguía a esquiar no sector do Tarter, outro composto por rapazas de Xove, do noso centro e os profes Rodrigo e Carlos, baixamos unha das pistas que máis nos gusta (Gall de Bosc). Mañá esperamos despedirnos con bo tempo.

Laura Corral e July Villadóniga

Cuarta crónica desde Andorra

28/02/2018

Hoxe sorprendeunos o cambio de tempo, a nevada que facía que as telecadeiras se movesen máis do habitual. Aínda así, o tempo permitiunos esquiar en novas pistas azuis, como a Gall de Bosc, unha das máis compricadas que baixamos ata agora. Debido ao cansazo e o mal tempo, decidimos voltar antes a Escaldes para ter un pouco máis de tempo libre e tamén poder ir de tendas.

Lucía Gómez e Lara Beceiro

Andorra - 28/02/2018

Terceira crónica desde Andorra

27/02/2018

Segundo día de esquí rematado con algún pequeno susto, pero preparadas para esquiar mañá (xa vedes como vai mellorando a habilidade no breve vídeo de adianto).

Para recuperar o corpo do esforzo e pasar dúas horas de forma divertida, agora toca visita ao Spa Caldea. Non todo vai ser esquí.

Andorra - 27/02/2018

Segunda crónica desde Andorra

Andorra - 26/02/2018

Fai clic para ampliar a foto

26/02/2018

Hoxe tivemos  o primeiro curso de esquí (de dúas horas de duración) no sector El Tarter, cos monitores Álex e Iván. Antes e despois de xantar esquiamos por grupos. Sobre as 18:00 volvimos ao hotel, deixamos as cousas e tivemos tempo libre ata a hora de cear. Sol sen vento e boa temperatura. O día foi espectacular!

  • Crónica: Ariadna Ramos, Antía Rodríguez e Alba Romero
  • Fotos: Estefanía Silva e Sonia Álvarez

Andorra - 26/02/2018

Primeira crónica desde Andorra de 4º e 3º de ESO

Andorra - 25/02/2018

Fai clic para ampliar a foto

25/02/2018

Xa estamos preparadas para o primeiro día de esquí. Hoxe domingo sobre ás tres da tarde chegabamos a Andorra. Compartindo autobús con alumnado do IES Illa de Sarón (de Xove), realizamos tres paradas (Villafranca del Bierzo, Burgos e Alfajarín) ata completar unhas longas quince horas de viaxe. Despois de instalarnos no Hotel Cassany, o seguinte destino é a estación Grandvalira - El Tarter, onde mañá comezaremos as clases de esquí.

Alba Fachal e María Rodríguez

Os Recreos Activos da ESO seguen gañando participantes en 2018

Recreos ActivosFai clic para ver máis fotos

29/01/2018

Quédase pequeno o pavillón. GRAZAS pola vosa participación!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido