Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

Primeiros auxilios na ESO

Reanimación cardiopulmonarFai clic para ver máis fotos

12/12/2017

Durante esta semana e a seguinte, o alumnado de Secundaria experimentará unha unidade didáctica onde se abordarán diferentes protocolos de actuación ante situacións de emerxencia, como por exemplo as manobras de reanimación cardiopulmonar. Estes contidos forman parte das programacións de Educación Física ao longo desta etapa.

Os Recreos Activos van a máis

Recreos ActivosFai clic para ver máis fotos

14/11/2017

Pouco a pouco, os Recreos Activos que está organizando o departamento de Educación Física da ESO este curso, están gañando popularidade. Nos últimos días, está notándose especialmente a subida de participación feminina.

En novembro e decembro haberá xogos e deportes de cancha dividida (fútbol-tenis e voleibol no pavillón, e brilé na pista), baile (luns, mércores e venres) e xadrez na biblioteca (xoves).

Grazas polo apoio á iniciativa, e seguimos subindo fotos...

Recreos Activos

Recreo activo do 24/10/2017Fai clic para ampliar a foto

25/10/2017

O pasado luns 23 de outubro, comezaron os Recreos Activos, unha iniciativa incluída no Proxecto Deportivo de Centro e que se enmarca dentro do Plan Proxecta. O alumnado de Secundaria terá, ao longo do curso, unha variedade de actividades físicas, deportivas e rítmicas a desenvolver durante o recreo. A finalidade de dito proxecto será a de aumentar o tempo de práctica de actividade física dentro do período lectivo.

Deportes de raqueta, baloncesto 3x3 e xadrez inician esta proposta. As actividades ofertadas modificaranse cada mes.

Moitas grazas a Sara Caro López (de 2º de ESO A) polas súas fotos do día 24 no pavillón. Iremos subindo unha selección de imaxes desta iniciativa ao seguinte álbum da nosa Galería: Educación Física 2017.

Recreo activo do 24/10/2017Fai clic para ampliar a foto

As acrobacias de Álex e Dani

02/07/2017

Seguro que moit@s de vós vistes en directo as acrobacias dos nosos alumnos de 4º de ESO Álex e Dani nalgún recreo. Deixamos de recordo este pequeno vídeo que xa foi proxectado no último festival de fin de curso.

Por outra parte, o alumnado de 4º de ESO comezou a traballar na montaxe do seu propio vídeo de despedida moi poucos días antes do festival, polo que a alumna Negra Doce ten intención de facer melloras durante o verán sobre a que presentaron no Pazo, de xeito que sería publicada despois.

Pantín 2016

Surf 2016

Fai clic para ver máis fotos

16/06/2016

Esta mañá, un grupo de 4º de ESO achegouse á praia de Pantín cos profesores de Educación Física Víctor e Alberto, para iniciarse no deporte do surf. A actividade estivo un ano máis organizada por Alawa Surfcamp, e volveu ser un éxito, a pesar de que esta vez non foi un día soleado.

Torneo de balonmán no Feal

Torneo de minibalonmán 2014Fai clic para ampliar a foto

12/11/2014

O pasado martes 4 de novembro, celebrouse o Torneo de minibalonmán nas instalacións do centro entre alumnos de 3º de ESO, resultando gañador o equipo que podedes ver na imaxe. Norabóa a todos os participantes.

Olimpíada en Narón

Olimpiada en Narón 2014

Fai clic para ver máis fotos

28/10/2014

O pasado 27 de outubro, o departamento de Educación Física en colaboración co club de Atletismo de Narón, organizou unha pequena olimpíada divertida dirixida ao noso alumnado de 1º e 2º de ESO. Os cinco grupos desprazáronse a pé ata o estadio de Río Seco, en compañía das súas titoras/es e do seu profesor de Educación Física, Alberto Casal. Alí fixeron lanzamentos, saltos, carreiras... e tamén puideron contemplar os adestramentos dos atletas do club.

Torneo de fútbol sala en Primaria

Fútbol 2014

29/05/2014

A pasada semana comezou o torneo de fútbol sala que se celebra todos os anos por esta época no noso centro. Nesta ocasión, participaron un total de 45 nen@s de 4º, 5º e 6º de Primaria, repartidos en dous grupos de tres equipos cada un.

No primeiro partido, Os Chunguitos derrotaron a Os Tigres. Esperemos que o tempo e a deportividade nos acompañen. Sorte a tod@s.

Baloncesto 3x3 - 2014

Baloncesto 2014

21/05/2014

Un curso máis comezamos o noso tradicional torneo de baloncesto 3 x 3. No mesmo, participan os nenos e nenas de 5º e 6º durante os recreos. Este ano temos oito equipos divididos en dous grupos. Moito ánimo a todos.

Torneo de balonmán en Secundaria

Balonmán 2013

Fai clic para ver máis fotos

14/11/2013

O pasado 11 de novembro, celebrouse un pequeno torneo de balonmán con equipos de 3º de ESO, e agora Víctor Novo envíanos algunha imaxe da xornada. Resultou vencedor un dos equipos de Diversificación.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido