Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

Campionato de baloncesto 3 x 3

Baloncesto 3 x3

Juan Carlos Bedia Vidal, 17/03/2010

Dende hai xa unha semana, iniciamos o 1º campionato de baloncesto 3 contra 3 no noso colexio. Os participantes son 41 alumn@s do 3º ciclo, repartidos en 10 equipos. Os partidos xóganse nos recreos e de momento o esforzo e deportividade é o máis destacable.

Os primeiros resultados son:

Equipo 1 3 Equipo 2 10
Equipo 6 4 Equipo 7 6
Equipo 3 10 Equipo 4 4
Equipo 1 3 Equipo 5 5

Nos vindeiros días seguiremos informando, espero que para entón, os meus alumn@s xa "bautizaran" aos seus equipos.

Os Invencibles gañan o campionato de fútbol de Primaria

Os Invencibles

José Manuel Timiraos, 02/06/2009

Rematou o campionato de fútbol que se veu celebrando en Primaria durante os recreos. No partido para o 3º e 4º posto, Os Leóns derrotaron nun emocionante partido aos do Narón por 4 goles a 1. A gran final celebrouse o venres 22 de maio entre Os Invencible e Os Castróns Tolos. Foi unha final moi disputada que se acabou decantando do lado dos primeiros por un tanteo de 8 a 5. Cabe destacar a entrega de todos os xogadores e a deportividade coa que se desenvolveron todos os encontros.

A clasificación final foi a seguinte:

  1. Os Invencibles
  2. Os Castróns Tolos
  3. Os Leóns
  4. Narón
  5. Dream Team
  6. Dragóns
  7. Non Sei 
  8. Fieras 

Noraboa a tod@s os que participaron e...ata o curso que vén. 

Finaliza a 2ª fase do campionato de fútbol sala en Primaria

12/05/2009

A pasada semana rematou a segunda fase do campionato que se ven celebrando en Primaria. Como sabedes había dous grupos, A e B. No grupo A loitarán polos 4 primeiros postos, e no B polos postos do 5º ao 8º.

Os partidos serán os seguintes:

  • Postos 7 e 8 : Non sei - Fieras
  • Postos 5 e 6 : Dream Team - Dragóns
  • Semifinais :
    • Os invencibles - Os Leóns
    • Os castróns tolos - Narón

Moita sorte a tod@s !

Remata a primeira fase do campionato de fútbol en Primaria

José Manuel Timiraos, 03/04/2009

Rematou o pasado xoves día 2 a primeira fase do campionato que se vén celebrando en Primaria durante os recreos. A partires de agora haberá outros dous grupos, A e B, no primeiro loitarán os esquipos polos postos do 1 ao 4, e no segundo se disputarán os postos do 5º ao 8º. Sorte a tod@s, e moita deportividade.

Os resultados e as clasificacións da 1ª fase foron os seguintes:

Grupo A


Resultados

 Non Sei  2   Narón  2 
 Dragóns  1  Invencibles   3
 Non sei  1  Dragóns  5
 Invencibles   2  Narón  2
 Narón  3  Dragóns  1
 Invencibles  4  Non sei  0

Clasificación

 1   Invencibles   7 puntos 
 2  Narón  5 puntos
 3  Dragóns  3 puntos
 4  Non sei  1 punto

Grupo B


Resultados

 Dream Team   1   Fieras  1 
 Leóns  4  Castróns Tolos   4
 Dream Team  0  Leóns  2
 Fieras  2  Castróns Tolos  6
 Leóns  1  Fieras  2
 Castróns Tolos    5  Dream Team  1

Clasificación

 1   Castróns Tolos   7 puntos 
 2  Leóns  4 puntos
 3  Fieras  4 puntos
 4  Dream Team   1 punto

Comeza un novo campionato de fútbol sala en Primaria

Fútbol

José Manuel Timiraos, 18/03/2009

A segunda semana de marzo, comezou un novo campionato de fútbol sala en Primaria. Participan un total de 56 nen@s de 4º, 5º e 6º, divididos en dous grupos de catro equipos cada un. Dispútase nos dous recreos (a 1ª parte no 1º e a 2ª no 2º). Estes son os nomes dos equipos:

 Grupo A  Grupo B
 Os Leóns  Non sei
 Os Castróns Tolos   Narón
 Dream Team  Os Dragóns
 As Fieras  Os Invencibles 

A arbitraxe corre a cargo de dous profesores. 

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido