Saltar navegación.
Inicio

Sociedade

Aniversario no IES As Telleiras

Aniversario en Telleiras

17/10/2010

O pasado venres tivo lugar no IES As Telleiras, un acto conmemorativo co gallo do 25 aniversario da súa inauguración. Abriron a homenaxe os emotivos discursos de catro persoas vinculadas ao centro: en primeiro lugar interviu Manuel Losada, director do instituto na última década. O segundo discurso pronunciouno Augusto Pérez Alberti, hoxe catedrático de Historia na Universidade de Santiago, quen dirixiu o IBM de Narón (o nome Telleiras non se establece ata o ano 97) nos seus primeiros pasos. O alcalde de Narón foi o terceiro conferenciante: Xosé Manuel Blanco lembrou que nos anos oitenta el era delegado de educación do Concello e formou parte do Consello Escolar do instituto nos seus primeiros cursos. Cerrou o acto de presentación a profesora María Xosé Saavedra, xefa do Departamento de Historia, quen deu paso á inauguración da Exposición que o seu Departamento organizou ao longo deste último ano. Con ela se rende homenaxe aos 25 anos que cumpre o instituto: as primeiras actas e documentos administrativos, exemplares de libros do ano 85, a primeira máquina de escribir e o primeiro ordenador, fotos, etc. están acertadamente dispostos entre paneis informativos que recordan o contexto histórico local, nacional e mundial que se vivía a finais dos oitenta. Ao tempo que viamos a exposición, se proxectaban fotos de moitas persoas vinculadas ao instituto neste tempo. Non faltou o fondo musical, cun himno composto para a ocasión. Foi un acontecemento moi entrañable, e vos animo a que visitedes a exposición, que seguirá aberta ata o día 29 de outubro.

2ª edición da Pecha Kucha Night en Ferrol

Pecha Kucha Night 2010
Fai clic para ver o cartel completo

Ángel Carrera, 02/07/2010

Hoxe venres ás 22:20, hai un evento curioso no teatro Jofre. Son presentacións brevísimas sobre diversos temas. A estas presentacións comprimidas chámanlle 20x20, porque cada poñente só pode utilizar 20 imaxes e dispón de 20 segundos para comentar cada unha delas (resultando 6 minutos e 40 segundos). Esta frikada naceu en Toquio en 2003 e hoxe é a segunda vez que se celebra en Ferrol (a primeira non saíu tan ben como esperabamos, pero pensamos que merece a pena ver como evoluciona). Máis información en:

http://www.mjoy.es/web/2010/05/15/pechakucha-night-ferrol-vol-ii

Nota: Grazas a Gelen pola información!!

Web e revista "Dameuntoke"

Dameuntoke
Fai clic para entrar en Dameuntoke;)

14/04/2010

A Concellería de Mocidade do Concello de Narón puxera en marcha unha web hai uns meses chamada Dameuntoke;). Nós temos un enlace permanente a ela no noso apartado de enlaces de Narón e a verdade e que visualmente é moitísimo máis bonita ca nosa (o sistema da Consellería de Educación que utilizamos tampouco permite moitas virguerías visuais). Sen embargo, en cuestión de contidos e dinamismo non sentimos moita envexa, jeje.

Agora, a Concellería de Mocidade comeza cun novo proxecto: a publicación da revista en papel Dameuntoke, que en breve será repartida nos terceiros e cuartos da ESO de Narón. Veremos se A Tribo ten motivos para sentir envexa (queda moi pouco tempo para pechar a recollida de traballos para A Tribo 2010!!!!).

Pecha Kucha Night en Ferrol

Pecha Kucha Night 2010
Fai clic para ver o cartel completo

Ángel Carrera, 24/03/2010

O próximo venres 26 de marzo ás 21:20 hai un evento curioso no teatro Jofre. Son presentacións brevísimas sobre diversos temas. A estas presentacións comprimidas chámanlle 20x20, porque cada poñente só pode utilizar 20 imaxes e dispón de 20 segundos para comentar cada unha delas (resultando 6 minutos e 40 segundos). Esta frikada naceu en Toquio en 2003 e a verdade é que non sei se merece a pena, pero haberá que deixarse caer por alí para ver qué pasa. Máis información en:

http://stgo.es/2010/03/pecha-kucha-night-ferrol

Nota: Grazas a Gelen pola información!!

Axuda a Haití

Mercedes Taibo, 29/01/2010

Galicia está a participar directamente na emerxencia de Haití, a través da sociedade civil que representan as ONGD galegas e tamén a través da Fundación "Axencia Humanitaria de Galicia". Se queres colaborar, podes facelo a través dos números de conta abertos ata o momento por varias organizacións, das que podes atopar información no seguinte enlace:

http://www.galiciasolidaria.org

Resumo do último festival solidario da ONG Lena

 

Ángel Carrera, 14/01/2010

O pasado 26 de decembro, a ONG máis vinculada co CPI do Feal celebrou un novo festival, que podes ver resumido máis arriba no vídeo de YouTube. No vídeo, hai fantásticas fotos e fragmentos de diversas actuacións. Atoparás moita xente coñecida, como Cándido Pazó (que actuou o curso pasado no Feal), Javier Ojeda (o cantante de Danza Invisible), Ricardo de Barreiro... e por suposto a presidenta da ONG Lena (a nosa querida Merchi). Durante o resumo, tamén podes escoitar parte da canción que o músico ferrolán Marcos Mella compuso para a ocasión ("El futuro nace hoy"), cedendo os dereitos á ONG. Na gala, Marcos contou que o primeiro artista co que contactou para que participara na presentación desta canción fora Antonio Vega, moi pouco antes do seu falecemento.

Dada a lamentable velocidade que temos na conexión a Internet do Feal e a boa definición do vídeo, é tontería que trates de velo no noso centro; proba na túa casa. Unha mención especial para o autor do espléndido vídeo: Adrián Cunha; xa nos gustaría telo de reporteiro para esta web!! Podes ver máis traballos seus en www.pixelinphoto.com

Remato xa: parabéns para a ONG Lena, que cada vez ten máis éxito nas súas actividades.

Certificado de Exención de Regalo

Certificado de Exención de Regalo
Fai clic para imprimir o certificado

14/12/2009

Dámosche tamén unha alternativa ao consumismo destas datas: o Certificado de Exención de Regalo. A idea aparecera por primeira vez en www.jovenesverdes.org.

Nota para Gelen: Grazas por seguir colaborando coa nosa web dende a distancia ;-)

Infoxicación

Piratas nos caladoiros

Mercedes Taibo, 30/11/2009

Sempre é saudable ver unha noticia dende diferentes ángulos, por exemplo no caso do problema da costa de Somalia:

www.diagonalperiodico.net/Una-vision-distinta-de-los-piratas.html

Falece a concelleira de Cultura e Ensino de Narón

14/07/2009

Onte sorprendeunos a todos a noticia do falecemento de Manuela Pérez Sequeiros, a concelleira de Cultura e Ensino de Narón. A colaboración de Manuela co CPI do Feal durante os seus anos á fronte da Concellería foi moi importante e queremos expresar a nosa condolencia tamén dende este espazo.

Cea-festa solidaria 2009 da ONG LENA

Cea de Lena 2009
Fai clic para ampliar o cartel

08/06/2009

Hai tempo que non falamos da cara oculta do Feal. Un ano máis, podedes asistir á cea-festa rachada que a ONG LENA organiza no noso centro, coa vantaxe de que o que se recade irá destinado a un proxecto solidario que se está desenvolvendo en Brasil. Será o próximo sábado 13 de xuño ás 21:30 no pavillón de Primaria. Se estades interesados/as, facede clic no cartel para amplialo e ver toda a información... ou visitade a páxina oficial de LENA.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido