Saltar navegación.
Inicio

Sociedade

Semana contra os tranxénicos

Manifestacion anti-tranxénicos

16/04/2009

Esta semana, unha serie de organizacións promoven diversas accións en contra da introducción de organismos modificados xenéticamente na nosa agricultura e alimentación. A semana rematará cunha manifestación estatal en Zaragoza o próximo sábado.

Semana da muller

Muller

03/03/2009

Achegamos actividades didácticas que se poderían traballar nas aulas estes días próximos ao da muller traballadora, que é o 8 de marzo. Hai actividades para Infantil e Primaria, e para Secundaria.

Por outra parte, grazas ao CEFORE, estes días temos no Centro a exposición "1000 Anos de Arte Feminino". Aquí tedes a súa presentación:

"O Proxecto Artemissia xurde coa fin de difundir a arte feminina que e ao longo do tempo estivo en gran medida silenciada pola Historia da Arte. A exposición pretende dar unha visión xeral da pintura das mulleres, dende as primeiras manifestacións asinadas ata a actualidade. É unha visión panorámica e interdisciplinar, co obxecto de reivindicar un lugar digno para esta pintura nos manuais oficiais de Historia da Arte e potenciar a colaboración entre diversos departamentos didácticos".

Esperamos que vos guste. 

Arte feminina

Mercedes no Diario de Ferrol

Merchi

Mercedes Taibo,
a presidenta da ONG Lena

O pasado domingo 19 de outubro, publicouse unha ampla reportaxe sobre a ONG Lena no Diario de Ferrol (no Suplemento Nordesía). Nela, aparece fotografiada e entrevistada a presidenta da ONG Lena (a nosa querida Merchi). Ademais, se baixades o suplemento completo, podedes atopar a imaxe doutra traballadora do Feal noutra reportaxe.

A cara oculta do Feal

Festival Internacional 2008

20/07/2008

Como ven sucedendo dende hai uns anos, O Feal acolleu durante o mes de xullo aos grupos participantes no Festival Internacional de Folclore de Narón. Este ano houbo grupos de Fuerteventura, Tenerife, Venezuela, México, Senegal, Portugal e Galicia. Toda esta diversidade cultural unida ao perfil musical dos invitados, fixo que o ambiente no noso centro fora efervescente.

Na foto podedes ver ao director do festival, Luciano Fernández, xunto con tres concelleir@s de Narón facendo entrega dun agasallo a dous representantes do grupo de Senegal, pero hai máis imaxes na Galería, incluíndo un pequeno vídeo.

Cea solidaria da ONG Lena

Cea de Lena 2007

13/06/2008

Dende hai varios anos, o noso centro cede o pavillón de Primaria á ONG "Lena" de Narón, para a celebración dunha cea solidaria (a imaxe é de 2007).

A ONG Lena é unha organización non gubernamental para o desenvolvemento, sen ánimo de lucro e laica, que ten como obxectivo principal colaborar no proxecto educativo que a ONG Graos de Luz e Griô promove na cidade de Lençois-Bahía (Brasil). O seu fin prioritario é contribuir na educación de nenos, nenas e adolescentes con necesidades severas, tanto materiais como afectivas e psicolóxicas, e así ofrecerlles unha perspectiva de futuro.

Tedes máis información no seu espazo web:  www.onglena.org

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido