Publicamos as listaxes de novos usuarios de COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso 2019/20, ordenada segundo os criterios establecidos na Instrución 2/2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, e que foi aprobada no día de onte polo Consello Escolar do centro.
Tendo en conta que hai usuarios que só utilizan o comedor dous días á semana, publicamos dúas listaxes, unha para os LUNS, MÉRCORES E VENRES e outra para os MARTES E XOVES.
O alumnado novo usuario que aparece nas LISTAS DE ESPERA, para confirmar a súa praza, debe agardar á AMPLIACIÓN DE PRAZAS de comedor, SOLICITADA e PREVISTA PARA SETEMBRO.
O alumnado que foi usuario no curso anterior xa está admitido ( maio)
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro: 881867015-881867020
LISTAXE I: NOVOS USUARIOS DE LUNS, MÉRCORES E VENRES.
LISTAXE II: NOVOS USUARIOS DE MARTES E XOVES. 