Skip to Content

ANPA

Charla ANPA: "As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”

O próximo xoves 8 de febreiro ás 18h A ANPA "A Boca" acolle a charla gratuíta "As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”, impartida por Fernando Fraga Varela, especialista en tecnoloxía educativa e membro do grupo de investigación Stellae da USC, e que terá lugar na Biblioteca Municipal. 

Nesta charla abordaranse os pros e contras desta plataforma, e a súa incidencia ou non, na aprendizaxe do alumnado e no desenvolvemento da competencia dixital.

Inscricións (aforo limitado): https://forms.gle/f8zbkAKVykshC35FA

Ofrécese servizo de conciliación gratuíto (previa solicitude).

OBRADOIRO: Xestión da frustración en nenos de 5 a 8 anos (ESCOLA FAMILIAS ANPA)

A partir do luns 13 a ANPA A Boca organiza unha nova actividade moi especial: un obradoiro para nais/pais cos seus fillos e fillas (Ed. Infantil e Primaria DE 5 A 8 anos), no que aprender a xestionar a frustración

Son 3 sesións de 1 hora de duración, os luns 13, 20 e 27 de novembro ás 18 h. na Biblioteca Municipal, que serán impartidos pola psicóloga experta neste eido Mª Carmen González Hermo.

A sesión do luns 13 irá dirixida únicamente aos pais e nais, polo que A ANPA ofrece un servizo de conciliación.

As sesións dos luns 20 e 27 serán de traballo compartido cos nenos e nenas.

Máis información no programa anexo. 

Inscrición en https://i.gal/escolafamiliasnov2

ASEMBLEA XERAL DA ANPA " A BOCA"

A Xunta Directiva da ANPA “A Boca” do CPI Plurilingüe de Vedra convoca a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as o luns 16 de outubro, ás 18:45 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda convocatoria, na Biblioteca Municipal do Concello de Vedra,

VER CONVOCATORIA COMPLETA

ESCOLA DE FAMILIAS: "A educación afectiva e sexual desde as familias"

Informamos que a ANPA A Boca do CPI Plurilingüe de Vedra ofrece unha nova sesión da Escola de Familias. O luns 29 de maio ás 19:00 h. na Biblioteca Municipal haberá a charla "A educación afectiva e sexual desde as familias"

Nesta charla, a psicóloga Belén Montesa Lou ofrecerá información para as familias sobre a educación afectivo sexual desde a Educación Infantil ata a Secundaria.

 INSCRICIÓN: Enlace

Escola de Familias - ANPA "A Boca": As necesidades educativas específicas"

Dentro do programa de Escola de Familias do CPI Plurilingüe de Vedra, a ANPA "A Boca"  organiza unha charla sobre "As necesidades educativas específicas". Na mesma participarán especialistas no tema: Beatriz Trigo (Orientadora do CPI Plurilingüe de Vedra), Laura Senra (Psicóloga) e Lorena Cotelo (Terapeuta ocupacional).

A charla terá lugar na Biblioteca Municipal de Vedra o martes 2 de maio de 2023 de 19:00 a 21:00 horas.

Cartel   

EXPOSICIÓN FOTOS POLA IGUALDADE

Ata o día 28 deste mes de abril a ANPA "A BOCA" do CPI Plurilingüe de Vedra organiza neste colexio a exposición: "Fotografías pola igualdade". Poderase visitar a exposición de luns a xoves  de 15.00 a 17.00 horas. 

Coincidindo coa mesma, este pasado luns organizou un contacontos pola Igualdade para os cursoso de 4º e 5º de Educación Primaria.

ASEMBLEA XERAL DA ANPA "A BOCA"

A Xunta Directiva da ANPA “A Boca” do CPI Plurilingüe de Vedra convoca a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as o xoves 27 de outubro, ás 19:15 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria, na Biblioteca Municipal do Concello de Vedra.

Ver Orde do día

A ANPA "A Boca" do CPI de Vedra convoca a unha xuntanza de pais/nais

A ANPA "A Boca" convoca unha xuntanza de pais e nais para este xoves día 15 ás 19 horas no Centro Sociocultural de Vedra. Acompañamos copia da convocatoria.

CONVOCATORIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA ANPA "A BOCA" - ELECCION NOVA DIRECTIVA

A petición do presidente da ANPA, comunicamos a convocatoria de asemblea xeral da ANPA "A BOCA" para o vindeiro LUNS 27 de XUÑO as 18:45 h., en primeira convocatoria, e 19:00 horas en segunda. Adxúntase orde do día, na que figura como punto único "Elección e nomeamento de novos membros da Xunta Directiva". Terá lugar no Antigo Xulgado de Vedra.

Convocatoria 

COMUNICADO ANPA "A BOCA"

A petición da ANPA "A BOCA" trasladamos comunicado en relación á póliza de seguro para o alumnado do centro, no enlace:

http://anpacpivedra.blogspot.com/2017/11/seguro-escolar-obrigatorio.html?m=0

 

Distribuir contido


by Dr. Radut