Skip to Content

Libros de texto

ACTUALIZADOS LIBROS DE TEXTO - CADERNOS DE FRANCÉS

Actualizamos as listaxes de libros desta materia nos cursos de Secundaria.

 

LIBROS DE TEXTO - LISTAS MATERIAL - 2023/2024

Nos seguintes enlaces pódense consultar as listas de libros de texto para o curso 2023/24.
Lembramos que a partires de mediados de xullo saírán publicadas as adxudicacións de libros do Fondo Solidario para os cursos desde 3º/4º de Primaria.
A partires do 17 de xullo poderán recollerse os vales de libros (1º-2º Primaria) e vales de material por aqueles solicitantes con dereito ao mesmo.

 MATERIAL COMPLEMENTARIO:

LISTAXES DEFINITIVAS ADXUDICACIÓN DE FONDO LIBROS PARA CURSO 2023-2024

Xa se poden consultar no taboleiro do centro as listaxes definitivas de adxudicación de libros de texto do FONDOLIBROS para os cursos: 3º/4º Primaria. As listaxes non se publicarán na páxina web pola lei de protección de datos. Tamén se poderán consultar na aplicación FONDOLIBROS co certificado dixital/chave 365, ou chamando ao teléfono do centro 881867015 ou 881867020.

Como aclaración informamos:

Si un alumno recibe 4 libros recibirá os seguintes: Matematicas, Lingua Castelá, Lingua Galega, Inglés.

Si un alumno recibe 6 libros recibirá os seguintes: Matematicas, Lingua Castelá, Lingua Galega, Inglés, C. Sociais e C. Naturais.

O resto de libros da listaxe de cada curso deberán ser mercados polas familias.

Lembramos tamén que xa están dispoñibles para recollida os vales de libros de texto de 1º/2º Primaria e os vales de material para todo o alumnado con dereito ao mesmo.

 

LISTAXES PROVISIONAIS - FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO_2023_24

Comunicamos que mañá día 12 de xullo de 2023 publicaranse nos taboleiros do centro as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto para os cursos de 3º/4º de Primaria, co número de libros que se asignarán.

Así mesmo tamén poderán consultar en secretaría se teñen dereito a vale de libros de texto (1º/2º Primaria) ou vale de material (todos os niveis de Primaria e ESO)

Lembramos que hai dous días para presentar reclamacións a estas listaxes (xoves, 13 de xullo e venres, 14 de xullo).

A partires do 17 de xullo poderán recollerse os vales de libros (1º-2º Primaria) e vales de material por aqueles solicitantes con dereito ao mesmo. Os libros do FONDO LIBROS entregaranse os primeiros días de clase.

 

FONDO SOLIDARIO / AXUDAS LIBROS TEXTO E AXUDAS MATERIAL-2023/24

Aberto o prazo para solicitar o FONDO SOLIDARIO de Libros de texto (3º/4º de Primaria), AXUDAS para adquirir libros de texto (1º/2º Primaria) e AXUDAS para material escolar (Todo o alumnado de Primaria e ESO)

Presentación por Sede electrónica Xunta ou de forma presencial no centro.

Prazo: Ata o 21 de xuño de 2023 (incluído)

 Para calquera dúbida poden dirixirse á Secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut