Skip to Content

Vídeos

Videos sobre natureza e medio ambiente

Planet Earth II: Official Extended Trailer - BBC Earth

Hai unha década, a serie documental "Planet Earth" (Planeta Terra) da BBC revolucionó o sector dos documentales de naturaleza, dándonos o retrato definitivo sobre a vida na Terra.

A segunda parte, Planet Earth II, narrada por Sir David Attenborough, revelará o noso planeta desde unha perspectiva completamente nova, utilizando avances significativos tanto nas técnicas cinematográficas de filmación como no noso coñecemento do mundo natural.

Aquí vos deixo o trailer:

Percebeiros (Sea Bites) 1280x720 con subtítulos en castelán

Curta Documental dirixida por David Beriain sobre a historia de Serxio Ces, percebeiro de Cedeira, Galicia.
Preseleccionada para os Premios Goya 2012.

Sinopse:
Ruxe o vento. O mar golpea os acantilados. Dous metros de rocha, isa é a franxa de auga e osíxeno na que medra o percebe. Dous metros onde o mar ensáñase, onde bate con forza milenaria. Unha fronteira de ondas e escuma na que Serxio e os seus compañeiros loitan por un bocado de mar.

Percebeiros (Sea Bites) 1280x720 from enpiedeguerra on Vimeo.

What A Wonderful World With David Attenborough -- BBC One

Un excelente trailer do documental da BBC "What A Wonderful World" de David Attenborough.

Planeta Humano (Human Planet, trailer- BBC)

Non volo perdades!: Impresionantes imaxes no trailer da serie documental "Human Planet" da BBC sobre paisaxes e a relación da especie humana coa natureza. Todo un alegato na defensa do Planeta Terra e da súa diversidade étnica e cultural. Contén un flash sobre @s pecebeir@s da Costa da Morte (aproximadamente nos 2'13''), sobre cuxa actividade podes ver outro excelente documental PREMENDO AQUÍ.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut