Skip to Content

NOVAS

AVISO FAMILIAS ALUMNADO ESO

REUNIÓN TELEMÁTICA

Este XOVES 17 de setembro ás 19:00 h. convocamos unha reunión telemática por videoconferencia, para resolver dúbidas ás familias do alumnado de Secundaria. Poderase acceder á reunión a través desta ligazón: https://meet.google.com/vgr-herm-drn

INICIO DE CURSO

Para o primeiro día de curso (23, 24 e 25 de setembro segundo os horarios que figuran máis abaixo) as nais e pais que traian aos nenos/as os deixarán na entrada sen entrar ao recinto, onde estará esperando o profesorado para facer a entrada nas aulas.

 

AVISO SECUNDARIA:NOVAS DATAS DE COMEZO DE CURSO

Segundo publica na súa páxina web a Consellería de Educación, o alumnado de Educación Secundaria comezará o curso unha semana máis tarde para favorecer a organización dos grupos e clases en función dos cambios no protocolo de adaptación á situación COVID-19.

Así o inicio das clase será:

DÍA 23 - MÉRCORES: 1º e 2º de ESO

DÍA 24 - XOVES: 3º DE ESO

DÍA 25 - VENRES: 4º ESO

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19. NORMAS BÁSICAS

Publicamos os documentos xerais do "Plan de Adaptación á situación COVID-19 do CPI de Vedra para o curso 2020-2021", así como os enlaces a un resumo dos aspectos básicos organizados nos seguintes epígrafes:

- ENLACE PÁXINA WEB COAS NORMAS BÁSICAS

- DOCUMENTO COMPLETO:"Plan de adaptación á situación COVID-19"

Outros anexos:

- Planos aulas

- Plano circulación xeral

- Declaración responsable familias

- Enquisa de autoavaliación

Guía resumo instrucións Consellería

 

AVISO IMPORTANTE INFANTIL E PRIMARIA: ENTRADA NO CENTRO E REUNIÓN TELEMÁTICA

PUBLICACIÓN DO PLAN XERAL DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 (PROTOCOLO) DESTE CENTRO.

Hoxe martes quedará publicado nesta páxina e tamén un resumo dos aspectos básicos.

REUNIÓN TELEMÁTICA

Este mércores 9 de setembro ás 19:00 h. convocamos unha reunión telémática por videoconferencia, para resolver dúbidas ás familias de Infantil, e Primaria. Poderase acceder á reunión a través desta ligazón: https://meet.google.com/vgr-herm-drn

INICIO DE CURSO

Para o primeiro día de curso (10 e 11 de setembro segundo os horarios que figuran máis abaixo) as nais e pais que traian aos nenos/as os deixarán na entrada sen entrar ao recinto, onde estará esperando o profesorado para facerse cargo deles.


 

XOVES, 10 DE SETEMBRO:

  • 09:00 h. - 3º e 2º de Primaria
  • 10:00 h. - 1º de Primaria e 5º de Infantil (4 anos) 
  • 4º de Infantil (3 anos) nos horarios indicados no seu plan de adaptación.

VENRES, 11 DE SETEMBRO

  • 09:00 h. - 5º e 6º de Primaria
  • 10:00 h. - 4 de Primaria e 6º de Infantil (5 anos)

AVISO PARA AS FAMILIAS DE 2º DE PRIMARIA

2º PRIMARIA - AVISO IMPORTANTE

As titoras de 2º de Primaria, recomendan que se traian ao centro os materiais do curso antes do primeiro día en horario de mañá, deixandoo en conserxería, para facilitar a incorporación sen vir tan cargados.

REUNIÓN TITORÍA FAMILIAS 1º PRIMARIA

AVISO PARA AS FAMILIAS de 1º de Primaria: Convócase con urxencia unha reunión coas profesoras do 1º curso de Primaria para este vindeiro MARTES DÍA 8 DE SETEMBRO ÁS 10 HORAS. Debido á actual situación realizarase baixo as seguintes premisas:

  • SÓ PODERÁ ASISTIR UN DOS PROXENITORES.
  • REALIZARASE NO PATIO CUBERTO DA ENTRADA.
  • DEBERÁN VIR CON MÁSCARA E GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
  • NON TRAER OS NENOS.

Agradecemos a colaboración.

Grazas.

Publicación das notas da avaliación extraordinaria de setembro

As notas da avaliación extraordinaria de setembro serán publicadas durante a mañá do venres 4 a través da aplicación Abalar Móbil.

Se alguén tivera problemas para acceder á aplicación, pode chamar ao centro para informarse da nota.

TELEFONO DE CONTACTO DURANTE O MES DE AGOSTO

Con motivo das vacacións do persoal do centro, durante o mes de agosto, para calquera urxencia, poderán contactar no teléfono 696454033.

 

LISTAXES DEFINITVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020/21

Unha vez rematado o prazo de reclamación á listaxe de admitidos/as como novo alumnado para o vindeiro curso 2020/21, procedemos a dar publicidade as listaxes DEFINITIVAS de admitidos/as, baixo as seguintes premisas:

a) Todo o alumnado solicitante está admitido:

  • Solicitudes no proceso de admisión:
    • 20 alumnos/as para 4º Infantil
    • 1 alumno/a para 6º Infantil
    • 1 alumno/a para 1º Primaria
    • 1 alumno/a para 1º ESO
    • 2 alumno/a para 3º ESO
    • 2 alumnos/as para 4º ESO
  • Reserva de centros adscritos (Procedentes do CRA Boqueixón-Vedra e do CEIP de Ortigueira):
    • 4 alumnos/as para 1º Primaria
    • 9 alumnos/as para 3º Primaria
    • 4 alumnos/as para 1º ESO

b) Para a consulta das listaxes deberán facelo directamente nas oficinas do centro ou tamén na aplicación Admisión alumnado coa chave 365 ou certificado electrónico (pola Ley de Protección de datos non se poden publicar nesta web)

URXENTE: REMATE DE PRAZOS

IMPORTANTE: REMATE PRAZOS 

Lembramos que este VENRES, 19 DE XUÑO rematan os prazos de:

A) Solicitude de AXUDAS PARA FONDOLIBROS E MATERIAL para o alumnado de Primaria e ESO.

B) Solicitude dos servizos complementarios (COMEDOR E TRANSPORTE) para o alumnado do curso actual.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut