Skip to Content

NOVAS

PUBLICADAS NOVAS INSTRUCIÒNS PARA A XESTIÓN DA COVID-19 NOS CENTROS EDUCATIVOS

As consellerías de Sanidade e a de  Educación veñen de publicar este mércores ás instrucións conxuntas ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

Estas resúmense fundamentalmente na volta á normalidade previa á pandemia e non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo. Non obstante, será preciso observar unha serie de recomendacións:

  1. Ventilación de espazos.
  2. Hixiene de mans e hixiene respiratoria ao tusir ou esbirrar.
  3. Uso de máscara obrigatoria no transporte escolar.
  4. Máscara recomendable para persoas con síntomas compatibles co covid oi vulnerables.

Ver as instrucións completas 

ORGANIZACIÓN PRIMEIRO DIA DE CLASE - 8 DE SETEMBRO 2022

O vindeiro XOVES día 8 de SETEMBRO dará comezo o curso escolar 2022-23, coa incorporación de todas as etapas educativas. Por esta razón Para facilitar a entrada escalonada indicamos a continuación a organización da mesma.

1- Para vir ao centro, o alumnado poderá facer uso do trasporte escolar nos horarios habituais ou vir acompañados ao centro polos seus proxenitores a partir das 9:00 horas.

2- O ALUMNADO DE 5º INFANTIL e 6º INFANTIL situaranse na zona habitual na porta do edificio 2. Empezará a entrada por grupos a partir das 09.15 horas.

3- O ALUMNADO DE PRIMARIA agardará na zona cuberta de acceso ao edificio principal, por niveis ao lado dos carteis indicativos que presentará o profesorado. Chamaranse a continuación de infantil para ir accedendo pola porta correspondente co seu profesorado titor.

4- O ALUMNADO DE SECUNDARIA dirixiráse ao patio de recreo na parte posterior do edificio novo onde será recibido polo profesorado e comezará a entrada a partir das 09.15 horas. En caso de choiva agardarán no patio de recreo de columnas, baixo o edificio 2.

DIRECTRICES USO DA MÁSCARA - CONSELLERÍA DE SANIDADE

A Consellería de Sanidade publicou as DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. Pódense consultar neste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf

RESUMO DO USO DA MÁSCARA

OBRIGATORIA

  • Transporte escolar (incluídas as saídas didácticas)

RECOMENDADA

  • Persoal Traballador do centro.
  • Alumnado do centro.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos (evitar actividades  que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas durante 10 días (Ex.: comer ou beber enpresenza doutras persoas).

IMPORTANTE

  • Manter o resto das medidas de protección: hixiene de mans, ventilación e distancias, evitando as aglomeracións, enm especial en presenza de persoas vulnerables.

COMUNICADO SOBRE AS MÁSCARAS EN INTERIORES

Este 20 de abril deixou de ser obrigatorio o uso da máscara en interiores, como xa se fixera cos exteriores. De todas maneiras a Consellería de Sanidade fixo pública a recomendación de uso da máscara no interior dos centros educativos, por prudencia (aulas numerosas, existencia de persoas vulnerables, asistencia a clase de positivos, etc...)

A falta dun comunicado oficial, consideramos que esta recomendación do uso de máscara no interior do centro, xunto coas outras medidas do protocolo COVID que seguen vixentes (distancia, ventilación, hixiene ), pode axudar a evitar novos contaxios. EN TODO CASO, O CENTRO RESPECTARÁ A DECISIÓN QUE TOME CADA FAMILIA.

Lembramos que si deberán levar máscara os que presenten síntomas compatibles co COVID e os casos positivos durante dez días. Tamén é obrigatoria no transporte escolar.

Agradecemos a comprensión de todos e aproveitamos para felicitarlles pola súa colaboración en todo momento. 

O EQUIPO DIRECTIVO

IMPORTANTE: NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO COVID NO ÁMBITO EDUCATIVO

A Consellería publicou este venres pasado as recomendacións da nova estratexia e control do SARS-COV-2 no ámbito educativo, no que dan intrucións que é recomendable coñezan para o seguimento dos casos da COVID-19.

1-COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN.

2-RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CASOS CONFIRMADOS DA COVID-19.

3-RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA OS CASOS SOSPEITOSOS DA COVID-19.

4-RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CONTACTOS ESTREITOS DUNHA PERSOA COA COVID-19.

2-         3-      4- 

COMUNICADOS SOBRE O USO DE MASCARILLAS NO PATIO DE RECREO

Ante as consultas recibidas emitimos comunicados sobre o uso de máscaras no patio de recreo.

COMUNICADO INFANTIL E PRIMARIA

COMUNICADO SECUNDARIA

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO

Desde o día 7 de marzo entrou en vigor a nova normativa en relación a xestión de contactos COVID-19 que reproducimos a continuación para o coñecemento da comunidade educativa. Destaca a norma de que serán os propios casos positivos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

COMUNICACION CONXUNTA CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN.

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19

COMUNICADO CONXUNTO XUNTA E ONGS SOBRE A CRISE HUMANITARIA EN UCRANIA

Ante as consultas recibidas en relación a unha posible campaña de axuda ao pobo ucraíno reproducimos o comunicado conxunto emitido pola Xunta de Galicia e as ONG que consideramos de interese para todoa a comunidade educativa.

COMUNIDADO CONXUNTO XUNTA - ONG 

IMPORTANTE: CADRO RESUMO MEDIDAS ANTE A COVID

Compartimos cadro de medidas a seguir ante a COVID-19, dependendo das distintas situacións, aportado pola Consellería de Sanidade - Dirección de Saúde Pública.

 

O CPI de Vedra consegue unha insignia Selfie

O CPI Plurilingüe de Vedra está a realizar o Plan Dixital de centro e realizou cuestonarios a través da ferramenta SELFIE, polo que acadamos a INSIGNIA SELFIE 2021-2022.

 

embed_badge

Distribuir contido


by Dr. Radut