Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN - NOVO ALUMNADO - CURSO 2023/2024

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

CURSO 2023-2024

   
SEGUIMENTO DE SOLICITUDES PRESENTADAS DATA: 17/03/2023
4º infantil 22
6º Infantil 2
1º Primaria 1
2º Primaria 2
3º Primaria 1
4º Primaria 1
5º Primaria 1
1ºESO 2
3ºESO 1

RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS - 2023/2024

En relación co proceso de Reserva de praza para o curso 2023/2024 neste centro desde os centros adscritos (CRA Boqueixón-Vedra e CEIP de Ortigueira), comunicamos que todas as solicitudes están admitidas.

Procedentes do CRA BOQUEIXÓN VEDRA:

1º Primaria: 5 solicitudes admitidas.

3º Primaria: 8 solicitudes admitidas.

Procedentes do CEIP DE ORTIGUEIRA:

1º ESO: 8 solicitudes admitidas.

Vedra a 17 de febreiro de 2023

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2022-2023

Achegamos o enlace á documentación do Departamento de Orientación para información sobre a reserva e admisión en Bacharelato e FP.

DOCUMENTO 

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O alumnado de 4º ESO do noso centro debe facer a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro para escolarizarse o vindeiro curso nos centros adscritos correspondentes (IES A Pontepedriña, IES Lamas de Abade).

O alumnado  de 6º Infantil e  2º de Primaria do CRA Boqueixón-Vedra e o de 6º Primaria do CEIP Ortigueira - Santa Cruz de Rivadulla debe facer a reserva de praza, tamén  entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro, para escolarizarse no noso centro o vindeiro curso.

Premendo no seguinte enlace poden acceder á aplicación de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

No enlace https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf poden descargar o impreso da solicitude, que igualmente está a disposición na secretaría  do centro.

NORMATIVA: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O resto do alumnado actual do centro ten a permanencia garantizada sen facer ningún trámite

Coas cantareliñas de Nadal e Reis por Vedra adiante

Con ocasión da próxima celebración das festas de Nadal e Reis quixemos revivir co noso alumnado a tradición das cantarelas na parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón. Alí acudimos ao convite da Asociación Cultural San Campio coa rapazada de 1.º de educación primaria e as súas mestras Marta, Vanesa e Sol.

A xornada transcorreu, coa compañía do mestre Antonio e dos seus alumnos/as do CRA de Boqueixón-Vedra, que nos sorprenderon entre cantos de Nadal e Reices, charrascos e requintas e visitas ás casas de Luís de Zas, Marcelino de Muiñeiro e a de Crespo.

Rematou a mañá cun convite a chocolate con rosca, que soubo a gloria, e que moito lles agradecemos…

Aquí pódese ver unha selección fotográfica da actividade.

 

Xulia Marqués

Coordinadora Vedra medra

FELICITACION

O Equipo Educativo do CPI Plurilingüe de Vedra deséxalles unhas felices festas e os mellores desexos para o próximo ano 2023.

Boletín de recomendacións lectoras, panxoliñas...

Chega o Nadal e un ano máis regalámosvos o Boletín de recomendacións lectoras, máis de 50 recomendacións de libros para tódalas idades, dende os e as cativas de infantil até as nais e os pais. Podedes lelo na revista do centro, Fiadeiro, onde atoparedes ademáis con outras publicacións moi navideñas, coma uns beléns picasianos ou unhas panxoliñas interpretadas polo alumnado de 3º e 4º eso. Felices festas!

Preme na imaxe para ir á revista

SEGURO DE REPARACIÓNS ORDENADORES PARA O ALUMNADO EDIXGAL

A Consellería de Educación ven de recordar que existe a posibilidade de contratar un seguro integral de reparación para os equipos EDIXGAL do alumnado. Acompañamos enlace ao folleto informativo coas condicións e modo de contratalo.

VER FOLLETO INFORMATIVO 

CAMPAÑA CONTRA A GRIPE E AS INFECCIÓNS RESPIRATORIAS

A Consellería de Educación ven de comunicar que a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde, puxo en marcha a campaña anual de vacinación antigripal, que se prolongará ata o 31 de decembro. 

A principal novidade este ano é a incorporación da vacinación sistemática dos nenos/as entre os 6 e os 59 meses de idade.

Ademais publica unhas novas normas hixiénicas ante o aumento de casos de infeccións víricas nos centros educativos. Achegamos o documento publicado e resumimos a continuación as normas básicas xerais:

  • Lavado de mans ou desinfección de mans con xel.
  • Hixiene respiratoria: esbirrar ou tusir en panos desbotables ou na cara interior do cóbado.
  • Ventilación cruzada frecuente.
  • Limpeza e desinfección de superficies.
  • NON acudir ao centro con síntomas de infección respiratoria ou febre ata que remitan.
  • Con síntomas, e recomendable o uso de máscara e evitar as interaccións con persoas vulnerables.

 Así mesmo aproveitamos para lembrar a obrigatoriedade da MÁSCARA NOS AUTOBUSESdebendo traer reposto para o posible deterioro ou extravío da mesma

 VER MEDIDAS COMPLETAS <-----

ELECCIONS DE REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR 2022 - CONVOCATORIAS

Durante o mes de novembro realizaranse as votacións para elección de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar do centro(Renovación 2022).

Nesta páxina poderanse consultar os distintos documentos que se vaian publicando: o calendario, as convocatorias e os impresos para a presentación de candidaturas, actas,...

Os censos de electores estarán expostos nos taboleiros do centro para a súa comprobación desde o día 3. O prazo para reclamacións aos censos remata o día 15 de novembro.

DOCUMENTACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut