Skip to Content

Celebracións

ANTROIDO NO CPI DE VEDRA. 9 DE FEBREIRO.

Achegamos enlace ás primeiras fotos da celebración do Antroido que tivo lugar o venres día 9 no noso centro. Pola condicións meteorolóxicas non se puido celebrar o tradicional desfile polas rúas próximas. O acto tivo lugar no pavillón municipal que estivo abarrotado de público.

As comparsas estiveron centradas na temática común de Músicas de sempre e traxes alusivos.

Ver fotos +

Video montaxe con todas as actuacións 

CONTINUAMOS COA TRADICIÓN DOS ATRANQUES NO NOSO ANTROIDO

Coma en anos anteriores un grupo de rapazas e rapaces do CPI Plurlingüe de Vedra protagonizaron os atranques de xenerais de fonda tradición nos carnavais da comarca ullán.

Ler máis +

Ver + fotos

Ver vídeo +

  

CELEBRAMOS O DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O CPI Plurilingüe de Vedra celebrou o pasado luns, 30 de xaneiro, o día da Paz e a Non Violencia. O acto artellouse en torno a "Sadako e as mil grúas", lenda xaponesa que di que se fas mil grúas de origami podes pedir un desexo. Entre todo o alumnado do centro elaboráronse mil grúas que se colgaron no patio cun cartel alusivo. Ademais cantouse unha canción de temática relativa as actitudes conciliadoras e pacifistas, complementando a posta en práctica do programa "Apadriñamento lector" dos alumnos maiores aos máis cativos.

Ver fotos +

O CPI PLURILINGÜE DE VEDRA TAMÉN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este venres 25 de novembro o C.P.I. Plurilingüe de Vedra uníuse ao clamor xeral contra a violencia de xénero. O alumnado que cursa a materia de Igualdade de xénero en 2º de ESO, dirixido pola profesora de Plástica, elaborou un cartel alusivo co que despois se fixeron fotos do alumnado e profesorado nesta xornada reivindicativa

Enlace coas fotos: https://goo.gl/photos/w8M6CSuHQMsugdqW7

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO "Arrepíos e outros medos"

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de medo Arrepíos e outros medos

O xoves pasado, aproveitando que estabamos a celebrar o Magosto, todos xuntos e de festa, entregamos os galardóns aos mellores escritores de relatos breves que participaron no concurso.

Estes foron os gañadores:

1.º ESO.CLAUDIA GUIANCE -"Silencio"

2.º ESO.MARIÑA CORTÉS- “Cando cae a noite”

3.º ESO. DAVID FREIRE- "Rutinas"

4.º ESO. LAURA CERNADAS "O xogo"

O EDLG, que promove o certame, quere felicitar aos alumnos premiados e animalos a seguir escribindo na nosa lingua. Unha maneira de honrala e de honrarnos.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O CPI Plurilingüe de Vedra ten programada unha intensa semana de actividades con motivo do Día das Letras Galegas, 17 de maio, que este ano tamén coincide co Día Mundial da Reciclaxe.

Semanas previas: Actividades arredor de Manuel María.

  • O lapis que só escrebe en galego. (Ver galería)
  • Presentacións dixitais de Poemas musicados de Manuel María. (ENLACE) 

Venres 13: Participación CORRELINGUA. O alumnado de 1º e 2º de ESO participará na carreira na defensa da nosa lingua.

Luns 16: Celebracións no centro.

  • 11:00 h. - Visita da Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ao xogo de SOGAMA "Un partido polo planeta" no que participa o CPI Plurilingüe de Vedra. Este feito enmárcase na celebración do Día Mundial da Reciclaxe, 17 de maio, que coincide co día das Letras Galegas.
  • 12:00 h. - Actividades conxuntas no patio
    • Entrega de Premios das Cartas de Amor
    • Cancións: “ O Carro”, “ O Cuco”, “Sementeira”, “ Galicia Docemente”
    • Bailes.
    • Baile “Indo Eu” en rolda e con pandeiretas.
  • 13:00 h. - Carreira Solidaria (colaboración coa ONG "Save the Children") aprazada no mes de xaneiro.

FELICITACIÓN DE NADAL

Felices Festas a todas e todos.

 

CELEBRAMOS O ANTROIDO 2015

Coma sempre o venres de Antroido celebramos no centro o desfile de máscaras que con moito agarimo preparan o alumnado e profesorado de todos os niveis. Este ano destacaron os disfraces adicados a Joan Miró, os mexicanos, xogos de mesa e videoxogos, e moitos máis. Os profes tomaron como referencia o día de San Valentín, con cupido lanzando frechas co seu arco.

Aquí podedes ver unhas imaxes da celebración.  

DIA MUNDIAL DE CONCIENCACIÓN DO AUTISMO - 2 DE ABRIL

DIA MUNDIAL DO AUTISMO

CARTEL DA CELEBRACIÓN

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO - 2 DE ABRIL

O día 2 de abril celébrase o Día da Concienciación do Autismo. O centro participa decorando as clases e dependencias con globos azuis. Ademais incluímos aquí uns vídeos explicativos para nenos e maiores co fin de dar a coñecer este tema.

  

Vídeos explicativos:

http://youtu.be/eX3v3kRgVCY

http://youtu.be/YybEpQK_g-8

http://youtu.be/tjYrrIgNaGE

http://youtu.be/SkESmiZwwTM

http://youtu.be/mzl33DR2rnM

 

Distribuir contido


by Dr. Radut