Skip to Content

Xeografía e Historia

ALUMNADO DE 2º ESO VISITA LUGO

O pasado martes 24 de abril o alumnado de 2º de ESO realizou unha completa visita á Cidade de Lugo. A visita estivo centrada no percorrido histórico pola cidade: Museo Arqueolóxico Provincial, ventanas arqueolóxicas con restos romanos, catedral, centro de interpretación e paseo pola muralla.

A saída didáctica está incluída na programación de actividades complementarias do Departamento de Xeografía e Historia.

Ver fotos +

ALUMNADO DE 3º ESO VISITA O PARLAMENTO, A CATEDRAL E AS RÚAS DE SANTIAGO.

O pasado día 10 os alumnos e alumnas de 3º de ESO realizaron unha visita didáctica a Santiago de Compostela organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

A visita comezou coa asistencia a un pleno do Parlamento de Galicia, no que foron citados polo Presidente e os portavoces dos distintos grupos.

Continuou co percorrido polas rúas máis destacadas contemplando elementos arquitectónicos das distintas etapas arquitectónicas: Toural, rúa do Vilar, rúa Nova, Praza de Mazarelos, Cinco Calles, Quintana, Praterías, Obradoiro, ...

Outra visita destacada foi aos tellados da Catedral, actualmen te en obras, que foi todo un descubrimento e sorpresa para todos.

Rematou o día coa visita ao Museo do Pobo Galego con dous puntos destacados: Panteón de Galegos Ilustres e a Escaleira Helicoidal barroca diseñada por Domingo de Andrade.

Ver fotos +

Programación Didáctica 2017/18

4ºESO VISITA O FERROL DA ILUSTRACIÓN

Este martes 24 de outubro o alumnado de 4º de ESO visitou a cidade departamental de Ferrol, onde puideron percorrer rúas e instalacións da cidade con visitas guiadas moi atractivas e novidosas como a Fragata "Alvaro de Bazán F-101" ou o Barrio da Magdalena, dentro dun conxunto que funde as súas raíces na Ilustración da época do rei Carlos III. A visita estivo coordinada polo Departamento de Xeografía e Historia.

LER MÁIS       VER FOTOS       FERROL. PATRIMONIO MUNDIAL

MÁIS SOBRE A FRAGATA "ALVARO DE BAZÁN"

 

VIAXE FIN DE ESTUDOS A PARÍS - 4º DE ESO

     Os alumnos e alumnas de 4° da ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaban de realizar unha viaxe fin de estudos a París entre os días 1 e 5 de maio, onde coñeceron os principais monumentos da cidade francesa, como a Torre Eiffel, a Catedral de Notre Dame, os Museos  de Louvre e d'Orsay, o barrio de Montmartre e tamén  visitaron o Palacio de Versalles e Eurodisney.

Viaxaron un total 26 alumnos/as acompañados polos seus profesores do Departamento de Xeografía e Historia.

 

Ver fotos +

 

3º ESO VISITA O PATRIMONIO DE VEDRA

O alumnado de 3º de ESO ven de realizar varias visitas dentro do concello: Pazo de Ortigueira, Igrexa da Madanela, Igrexa de San Mamede, ..., dentro dunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o proxecto VEDRA MEDRA para darlles a coñecer o patrimonio vedrés.

Ler máis+

Ver fotos+

VIAXE FIN DE ESTUDOS - 4º ESO A CATALUÑA

O alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaba de regresar da súa viaxe fin de estudos a Cataluña que realizaron desde o 2 ao 8 de maio, acompañados por profesorado do centro. Durante a mesma fixeron numerosas visitas de carácter didáctico e cultural: Barcelona (Sagrada Familia, Pedrera, Parque Güell, Barrio Gótico, Camp Nou, Ramblas, ...), Tarragona (Acueducto, Anfiteatro, Circo, Catedral, Murallas, ...), Cavas Codorniu e o Mosteiro de Montserrat.  Ademais puideron disfrutar de momentos de diversión na praia de Salou e tamén no Parque temático Port Aventura.

Aquí podedes visionar algunhas imaxes da viaxe: 

 

ATRÉVETE - XORNADA EDUEMPRENDE 2º ESO

O pasado venres 16 de xaneiro os alumnos de 2º da ESO participaron no Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia chamado EDUEMPRENDE na modalidade ATRÉVETE A TER UNHA IDEA.
A xornada organizada pola Consellería de Educación e a Asociación Área Empresarial do Tambre consistía nunha reunión cun emprendedor e a continuación unha visita a unha empresa do Polígono do Tambre. Nesta caso, foi a empresa de recicladoCOREGAL.

ALUMNADO DE 3º DE ESO VISITA O PARLAMENTO

O pasado 18 de decembro de 2014 o alumnado de 3º de ESO, ademais do grupo de PDC deste mesmo nivel, visitaron o Parlamento de Galicia. Nesta visita guiada coñeceron de primeira man todas as instalacións do mesmo: salón do plenario, grupos parlamentarios, biblioteca, ... 

PROGRAMACIÓN 2014-2015

Neste curso 2014-2015 que estamos comezando formamos o Departamento os profesores José Viaño e Mónica Vilariño.

Aquí deixamos un enlace á información básica da programación que propoñemos neste curso.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut