Skip to Content

DIPOÑIBLE UNHA APP DE ANDROID PARA SEGUIMENTO DESTA WEB

Grazas a colaboración desinteresada de José Mejuto Porral, pai de dous alumnos deste centro, dispoñemos xa dunha aplicación (APP) para os teléfonos móbiles co sistema Android, que permite recibir un aviso das novas e comunicados importantes que vaiamos subindo á paxina web do centro. Ademais leva incluídos os números de teléfono do centro para poder marcar directamente desde a mesma aplicación.

Para descargar esta APP hai que acceder a PLAY STORE  e buscar “CPI Vedra” ou accedendo á URL de descarga dende a tenda de Google que é:

https://play.google.com/store/apps/details?id=org.consultem.cpivedra

Agárdase que esta aplicación redunde nunha mellora da comunicación coas familias e resto da comunidade educativa.

 



story | by Dr. Radut