Skip to Content

Proxecto Dinamización

Entrega de premios "V Concurso de debuxo, relato curto e poesía SERÁN DAS LETRAS"

O pasado venres 24 tivo lugar na Taberna do Ferrador de San Miguel de Sarandón o acto de entrega de premios do "V Concurso de debuxo, relato curto e poesía SERÁN DAS LETRAS".

A Asociación Cultural San Campio en colaboración co Concello de Vedra e Transportes Olimpio vén promovendo este concurso con ocasión do festexo das Letras Galegas.

Nesta edición varios alumnos/as do noso centro foron merecedores de premios en dúas categorías.

Na categoría C:

PAULA ASOREY LUGO por "A romaría do río" (relato curto)

ALEX CABO LOUREIRO por "As bolas de pan" (relato curto)

O accésit correspondeulle a MARCOS SIGÜIERO RAVIÑA por "A romaría de San Caetano ou a festa dos nenos".

E na categoría D resultaron premiados:

DANIEL IGLESIAS BOTANA por "A romaría do Gundián" (relato curto)

ANTÍA VÁZQUEZ GARABAL por "A romaría do meu pobo" (relato curto)

AROA DOCE MAREQUE por "A romaría" (poesia)

O accésit correspondeulle a MARTINA OTERO CLAVIÑO por "A romaría".

Non puideron asistir á recollida de premios os/as alumnos/as de 6º de EP ao estaren de excursión en Madrid.

PARABÉNS A TODOS OS RAPACES E RAPAZAS PREMIADOS!

 

     

O CPI de Vedra e Vedra medra con Antonio Fraguas. LETRAS GALEGAS 2019

 

Alguén definiu con moi bo tino a don Antonio Fraguas Fraguas, autor elixido este ano para celebrar o Día das Letras Galegas, como "un notario da realidade, un coñecedor do seu pobo e un investigador incansable” (Antonio Fraguas, mestre da memoria Editorial Galaxia).

Se algún elemento define a cultura tradicional da comarca da Ulla é a celebración do Entroido dos xenerais.

Vedra medra quixo profundar neste ámbito e veu raballando ao longo deste curso cun obxectivo: reafirmar a tradición ullá promovendo actividades dentro e fóra das aulas. As actuacións que levamos a cabo foron diversas (obradoiros, exposicións e desfile) e convertéronse en mostras dun empoderamento simbólico tan necesario como urxente neste rural galego do século XXI.

O Entroido foi tamén un tema recorrente nas investigacións que A. Fraguas levou a cabo. Sabémolo tras rastrexar as súas publicacións desde o ano 1930 en que comezara coa análise do Entroido do sur de Cotobade ata 1994 en que O Museo do Pobo Galego sacara á luz o seu volume Do Entroido.

Antonio Fraguas coma outros escritores galegos achegáronse ao Entroido do Ulla nas súas investigacións e obras. Entre eles, destacamos canda o autor de Cotobade, o grande Xosé Neira Vilas, Xosé M.ª Castroviejo ou o mesmo Álvaro Cunqueiro.

O vídeo que lles amosamos é un resumo de todo o feito no CPI de Vedra arredor do Entroido tradicional ullán; concibímolo a xeito de homenaxe a don Antonio Fraguas quen nos serviu de guía e inspiración para deseñar esta liña de traballo e continuar aprendendo sobre Vedra a partir dun festexo popular propio.

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

 

Obradoiro Entroido Tradicional - Vedra Medra: 3ª Entrega

Á terceira vai a vencida

Seguindo coa nosa convocatoria, este martes fomos pola última do trimestre. O 27 de novembro estiveron convidados os veciños de San Xián de Sales. Nesta parroquia mantense viva a festa e nela participa activamente toda a veciñanza. Acompañáronnos axudando coa elaboración das cancións de coro, Juan Duarte e dos atranques, Ángela Sánchez. Viñeron contarnos a súa participación como integrantes dos coros de bonito e de vello Lourdes Mallo, María Elena Guimarey e Mariluz Turnes. Ata aquí achegáronse tamén dous xenerais veteranos Manuel López e Jesús Amenal, acompañado este último da súa filla Margarita que nos agasallaron co relato das súas experiencias.

O mes de decembro paramos para poder estudar sen sobresaltos e regresaremos tras as vacacións de Nadal con dúas sesións novas, unha enteiramente destinada a revisar o papel da muller neste festexo tradicional e unha segunda, animadísima na que están convocados todos os informantes que nos visitaron.

Vedra medra finalizará a 1ª parte desta actuación a finais de xaneiro en compañía de xenerais, correos e coros das parroquias de Vedra, Trobe, S. Pedro de Vilanova e S. Xián de Sales.

Febreiro será o mes que destinaremos aos ensaios porque este curso todo o alumnado da ESO vai renderlle unha homenaxe ao Entroido tradicional rural do Ulla facendo unha macrorrepresentación na que estarán presentes todas aquelas figuras que concorrían na celebración.

O obradoiro serviu para quentar motores…

Á beira disto, nos corredores do CPI de Vedra teremos unha exposición de fotografías antigas e de traxes de Entroido.

Todos foron cedidos por xente de Vedra que gustosamente se comprometeu connosco neste labor emprendido desde o EDLG do centro educativo.

Xulia Marqués

Coordinadora do Vedra Medra

Ver fotos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut