Skip to Content

Novas de interese

COMEZO DE CURSO

Mañá mércores, día 11 de Setembro, dan comezo as clases en todas as etapas. O horario de entrada será o habitual, ás 9:00 h., funcionando o transporte e comedor con normalidade (agás 4º de Infantil). O titores agardarán ao alumnado dos seus grupos para logo acceder seguindo os chamamentos.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (ANEAE)

 

Desde o día 30 de abril de 2024, está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo (NEAE) e remata o 13 de setembro de 2024.

 

Enlace á páxina do ministerio: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

AVISOS IMPORTANTES FIN DE TRIMESTRE

AVISOS IMPORTANTES SOBRE A ORGANIZACIÓN DO FIN DE TRIMESTRE

1- Este xoves 21 de decembro, último día de clase do trimestre, NON HABERA SERVIZO DE BIBLIOTECA POLA TARDE, por cuestions organizativas do centro.

2- O informe boletín das notas de 1ª Avaliación será enviado exclusivamente por ABALAR MÓBIL.

 

COMEZO CURSO ESCOLAR 2023-2024

O vindeiro luns día 11 de setembro darán comezo as clases en todas as etapas educativas do CPI Plurilingüe de Vedra, co seu horario habitual. O transporte escolar e o comedor escolar funcionarán nos seus horarios habituais.

Aquelas familias que queiran achegar aos seus fillos/as ao centro deberán evitar a interrrupción da chegada dos autobuses e non estacionarán na rúa de de acceso ao centro. Agradecemos a colaboración de todos.

ORGANIZACIÓN DA ENTRADA ÁS AULAS:

SECUNDARIA: Ao entrar no recinto, o alumnado reunirase en torno ao profesorado titor do seu grupo (terá un cartel), que pasará lista para logo acceder ás clases paulatinamente. Con este fin este venres as familias recibirán unha comunicación de Abalar indicando o grupo no que quedou incluído a alumna ou alumno.

INFANTIL E PRIMARIA: Os profesorado estará en lugar visible cos carteis dos distintos cursos para que se achegue o alumnado. Logo irase chamando nominalmente por grupos para entrar co seu titor ou titora correspondente.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut