Skip to Content

Admisión-Matrícula

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS - NOVO ALUMNADO POR ADMISIÓN

Infórmase que están expostas as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2023-2024, polo proceso de admisión. Poden consultalas no taboleiro interior na zona de administración do centro, ou de forma telemática na aplicación de admisión. Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.  Ábrese un prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións.

Lembren que deberán formailizar a matrícula presentando a documentación que se indicará, nas datas seguintes:

  • Infantil e Primaria:  do 20 ao 30 de xuño de 2023.
  • Secundaria: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023.

RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS - 2023/2024

En relación co proceso de Reserva de praza para o curso 2023/2024 neste centro desde os centros adscritos (CRA Boqueixón-Vedra e CEIP de Ortigueira), comunicamos que todas as solicitudes están admitidas.

Procedentes do CRA BOQUEIXÓN VEDRA:

1º Primaria: 5 solicitudes admitidas.

3º Primaria: 8 solicitudes admitidas.

Procedentes do CEIP DE ORTIGUEIRA:

1º ESO: 8 solicitudes admitidas.

Vedra a 17 de febreiro de 2023

PROCESO DE ADMISIÓN - NOVO ALUMNADO - CURSO 2023/2024

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

CURSO 2023-2024

   
SEGUIMENTO DE SOLICITUDES PRESENTADAS DATA: 20/03/2023
4º infantil 23
6º Infantil 2
1º Primaria 1
2º Primaria 2
3º Primaria 1
4º Primaria 1
5º Primaria 1
1ºESO 2
3ºESO 1

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O alumnado de 4º ESO do noso centro debe facer a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro para escolarizarse o vindeiro curso nos centros adscritos correspondentes (IES A Pontepedriña, IES Lamas de Abade).

O alumnado  de 6º Infantil e  2º de Primaria do CRA Boqueixón-Vedra e o de 6º Primaria do CEIP Ortigueira - Santa Cruz de Rivadulla debe facer a reserva de praza, tamén  entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro, para escolarizarse no noso centro o vindeiro curso.

Premendo no seguinte enlace poden acceder á aplicación de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

No enlace https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf poden descargar o impreso da solicitude, que igualmente está a disposición na secretaría  do centro.

NORMATIVA: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O resto do alumnado actual do centro ten a permanencia garantizada sen facer ningún trámite

VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

Publicamos as vacantes existentes para o proceso de admisión.

LISTAXE VACANTES

Distribuir contido


by Dr. Radut