As alumnas de 4º de ESO, Claudia Guiance e Helea Vascuas, acadaron as becas da fundación Amancio Ortega para cursar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canada o vindeiro curso académico. Superaron as probas de selección para formar parte do grupo de 100 alumnos/as de toda Galicia que disfurtarán destas axudas.
Estas becas cubren o 100% do custo dos servizos necesarios para seguir un ano académico en Canadá ou Estados Unidos: ida e volta ao destino estranxeiro, taxas escolares e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida. , seguro médico e de accidentes, validación do curso académico e un pequeno subsidio mensual para gastos menores.
Este o cuarto ano en que alumnado deste centro resulta seleccionado, tralas distintas probas a que deben someterse, ademais de contar cunha nota media alta no expediente académico.
Saber máis: https://becas.faortega.org/
