Skip to Content

Actividades

INTERESANTE OBRADOIRO DA ESCOLA DE FAMILIAS: Tecnoloxía, Saúde e Convivencia

Informamos que a ANPA A Boca do CPI Plurilingüe de Vedra ofrece unha nova sesión da Escola de Familias. Mañá xoves, 9 de novembro ás 19:00 h. na Biblioteca Municipal de Vedra haberá o obradoiro "Tecnoloxía, Saúde e Convivencia".

Este obradoiro será impartido polo profesor da Fac. de Psicoloxía da Universidade de santiago, ANTONIO RIAL BOUBETAe versará sobre os problemas do uso das novas tecnoloxías na infancia e adolescencia, na saúde e na convivencia.

CARTAZ E INSCRICIÓN: Enlace

Charlas INTECO

19/02/2013 19:00
19/02/2013 20:00
Etc/GMT+1

Charlas de INTECO sobre os riscos de internet e a importancia das Tecnoloxías da Información, dirixidas a pais e profesores.

Importante: ACTIVIDADES PARA PAIS E PROFESORES

Na vindeira semana están programadas unhas actividades dirixidas a Pais e Profesores que son de interese:

O Luns día 18 o Concello programa a primeira reunión de Escolas de Familias coa temática “ Habilidades Parentais,ou como mellorar como pais e nais”. (VER PROGRAMA)

Por outra parte o martes día 19 as 19 horas, o INTECO (Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación  do Ministerio de Industria) imparte unha charla para promvoer a sociedade da información e formar as familias e ao profesorado sobre o uso seguro das tecnoloxías da información ( perigos para os rapaces de internet, redes sociais, acceso a contidos inapropiados,...).

Distribuir contido


by Dr. Radut