Skip to Content

Aula de Informática

Actividades interactivas (Aula de informática)

3º ESO: Actividades sobre ALIMENTACIÓN e NUTRICIÓN

Descarga o documento PDF adxunto premendo AQUÍ, gárdao no escritorio para poder acceder a el cando o precises e segue as indicacións e ligazóns sobre CALCULADORAS E TÁBOAS NUTRICIONAIS e ADITIVOS ALIMENTARIOS que aparecen nel. Segue tamén as indicacións do profesor.

INSTRUCIÓNS sobre como presentar o traballo sobre aditivos: preme AQUÍ ou descarga o documento adxunto.

Web sobre aditivos alimentarios

4º ESO: Temáticas sobre "Enxeñería Xenética" para os post do Blogue e ACTIVIDADES

ARTIGOS (Posts) para o BLOGUE CLIMÁNTICA sobre a Unidade 4: A ENXEÑERÍA XENÉTICA:

Preparade un pequeno texto, dúas imaxes e dúas ou tres ligazóns (hipervínculos) sobre estas temáticas, sobre as que tedes información no libro de texto e no GUIÓN DA UNIDADE:

- A clonación de mamíferos

- Aplicacións en farmacoloxía: obtención de medicamentos

- Aplicacións en medicina: Terapia xénica

- Aplicacións en medicina: Diagnóstico clínico

- Aplicacións en medicina forense: A pegada xenética

- Aplicacóns en agricultura: plantas transxénicas

- Aplicacións en ganadería: animais tranxénicos

- Aplicacións no medio ambiente: biorremediación

- Aplicacións no medio ambiente: recuperación de especies en perigo de extinción

Accede ao BLOGUE CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra premendo AQUÍ.

ACTIVIDADES DO LIBRO DE TEXTO
para preparar o exame:

- Pax. 86: 1-2-3

- Pax.88: 1-2-3-5

- Pax. 90: 1-3-4

- Pax. 93: 6-7

- Pax 96-97: 1-3-4-5-6-7-8-9

 

4º ESO. Actividades da Unidade 4: A Enxeñería Xenética

UNIDADE 4: A Enxeñería Xenética.

Podes consultar e descargar o GUIÓN DESTA UNIDADE na parte inferior deste post (1 adxunto) ou premendo aquí: DESCARGAR GUIÓN.

ACTIVIDADES: Accede á seguinte ligazón: Biotecnoloxía e Enxeñería Xenética en Cide@d e fai o seguinte:

1) Consulta todos os "Contidos" no menú superior. Podes moverte por eles empregando as frechas da parte inferior dereita ou navegar ou mediante o ÍNDICE da parte esquerda.

Unidade_Enxeñería Xenética_Cide@d

2) Fai despois os "Exercicios", premendo no menú superior e cando os remates, fai a "Autoavaliación".

3) Para rematar, preme no menú superior "Para saber màis" e amplía información no Enlace 3 (sobre Clonación) e no Enlace 4 (sobre Organismos Transxénicos).

 

3º ESO: Actividades sobre drogas e drogodependencias

UNIDADE 4: A función de relación

UNIDADES 6 e 7 / 2º ESO: Actividades interactivas

2º ESO: Actividades sobre "Os ecosistemas"

UNIDADE 5: Os Ecosistemas

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

1) Accede a seguinte ligazón e fai as actividades:

 Actividades interactivas sobre OS ECOSISTEMAS do IES Suel.

2) Fai tamén as actividades sobre a unidade 5 en ANAYA DIGITAL.

UNIDADE 8 / 2º ESO: Actividades interactivas

ACTIVIDADES sobre "Un universo de materia e enerxía":

- A composición e clasificación da materia.

- Táboa periódica dos elementos.

- Nomenclatura e formulación química.

Descarga o arquivo adxunto (documento PDF) e segue as ligazóns que se indican.

3º ESO: Actividades interactivas sobre alimentación e nutrición

UNIDADE 2: A alimentación e a nutrición

1) Accede a seguinte ligazón e fai as actividades desde a 1 ata a 18 (Importante: non fai falta que fagas as actividades 4, 14 e 16):

Actividades interactivas sobre ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN (segue as instrucións do profesor).

4º ESO: Actividades sobre "A información xenética"

UNIDADE 2: A información xenética

1) Accede a seguinte ligazón e fai as actividades desde a 1 á 21:

Actividades interactivas sobre XENÉTICA MOLECULAR do IES Suel

2) Accede a esta outra: A HERDANZA BIOLÓXICA e despois de consultar as presentacións, fai as actividades 1, 2 e 3.

3) Fai tamén estas actividades sobre REPRODUCIÓN CELULAR.

4) AMPLÍA INFORMACIÓN: Segue as ligazons sobre Xenética que atoparás nos documentos PDF adxuntos (DESCÁRGAOS na parte inferior deste post e segue as indicacións do profesor):

a) Ligazóns en Galipedia sobre CROMOSOMAS, CROMATINA e CARIOTIPO

b) Ligazóns con webs interesantes sobre XENÉTICA

4º ESO: Actividades sobre "A orixe da vida e a súa evolución"

Unidade 5: A orixe da vida e a súa evolución (preme na seguinte ligazón):

Actividades interactivas sobre Evolución: fai as seguintes actividades:

- Introducción ás teorías evolutivas: nº1

- Teorías evolutivas: nº 10 (consultar a presentación antes de contestar o test de 25 preguntas) e nº 11.

- A orixe da vida: nº 23 (inclúe o vídeo "Como empezo a vida?" na diapositiva nº 20, que é importante ver), 25 e 26 (tamén cunha ligazón co video "Como empezo a vida?"). 

 - Mecanismos evolutivos e formación de novas especies: nº 12-13-14-15-16.

- As probas da evolución:nº 2 (non é imprescindible ver os 8 vídeos que aparecen nas diapositivas 28 e posteriores da presentación en PowerPoint, pero recoméndovolos, pois son moi interesantes...) e  nº 3-4-6-8-9.

- A evolución humana: Facer as actividades nº 17-18-19-20-21 e 22 (segue as indicacións do profesor)

FONTE: Actividades interactivas do IES Suel de Fuengirola (Málaga)

Distribuir contido