Skip to Content

Animación á lectura

Recomendacións lectoras

Estas son as nosas recomendacións lectoras para dar a benvida ao 2020.

 

Boletín de Primaria

Boletín de Secundaria

Boletín BIBLIOtk

Valentín Paz Andrade

Aquí tedes unha reseña do prolífico personaxe da cultura  galega ao que se lle dedicou este ano o DÍA das LETRAS  GALEGAS

Celso Emilio antibelicista

Unha das características de Celso Emilio é o seu antibelicismo. Celebramos o día da paz cun poema seu.

TEMPO DE CHORAR

 

Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

 

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

 

E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.

CUNQUEIRO

Cunqueiro 100 anos

 

Preme aquí

Día das LIBRARÍAS

A BIBLIOTECA do CPI de VEDRA, co gallo da celebración  do "DÍA das LIBRARÍAS", anima a que se visiten as librarías

LOIS PEREIRO. Guía de Lectura

Aquí tendes unha guía do poeta Lois Pereiro:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut