Skip to Content

Proxecto VEDRA MEDRA

RESUME SAÍDAS CAMIÑO DA PRATA - PLAN PROXECTA

ENLACE AO VIDEO DE ACTIVIDADES DO PLAN PROXECTA 2020-21. SAÍDAS Á RUTA DA PRATA - CAMIÑO DE SANTIAGO.

VER VIDEO

1.º da ESO de camiñada

Os días 26 e 28 de maio, o alumnado de 1.º da ESO participou nunha saída didáctica seguindo o río Pereiro dentro do proxecto Vedra medra.

A actividade deseñouse con base no programa "ARQUITECTURA DA AUGA" (Ulla Elemental) e desenvolveuse coa axuda dos monitores facilitados polo Concello de Vedra. 

Ao longo de 7 Km. a rapazada foi coñecendo a contorna ata chegar á fervenza do Pereiro. Polo camiño entrou nun muíño descubrindo as súas partes e funcionamento e á súa beira fixo a través dun gran xogo, o achado da cultura tradicional galega asociada a este elemento arquitectónico.

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

 

VER TODAS AS FOTOS

Saída Camiño de Santiago, 3º ESO

O CPI de Vedra participa no certame SERÁN DAS LETRAS 2021

 

 

A  Asociación Cultural San Campio da parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón vén promovendo desde hai anos o concurso de creación "Serán das Letras" con ocasión da celebración do Día das Letras Galegas. 

Este 2021 xa vai pola 6.ª edición e, con base nas "Lembranzas dos nosos avós", fixo posible que rapaces e rapazas da contorna se puxesen a escribir poesía e relatos cursos e tamén a facer debuxos sobre os recordos de familia.

 

Varios alumnos/as do CPI de Vedra realizaron unha meritoria achega e resultaron gañadores. Aquí está a relación xeral de galardoados/as:

 

 

 

CATEGORÍA  A 

1.º premio. Sofía Piñeiro Chaves

2.º premio.  Sabrina Dantas Iglesias

3.º premio.  Darío Viña Pérez

 

CATEGORÍA  B

1.º premio. David Fariña Silvoso "Os contos do avó"

2.º premio. Andrea Pintado Mata "A miña avoa" (CRA Boqueixón-Vedra)

3.º premio. Nicolás Chas Curros "Invisible" (CRA Boqueixón-Vedra)

 

CATEGORÍA  C

1.º premio.  Lucía Chas Curros "Os avós non menten"

2.º premio. Paula García Villar "Rafael"

3.º premio. Iria Doce Mareque "O meu avó non é un covarde"

Accésit. Brais Otero Pereira "A miña avoa"

 

CATEGORÍA  D

1.º premio. Alba Graña Rodríguez "Da man da miña avoa"

2.º premio.  Irea Sanín Segade "As chamas de lume"

3.º premio.  Paula Vázquez Gómez "A corrente de recordos"

 

CATEGORÍA  E

1.º premio. Elvira Gestoso Muíños "Historia real de Generoso e Manuela".

 

PARABÉNS PARA TODOS/AS!

 

Todas as fotos aquí: https://photos.app.goo.gl/QziurrWrXWijHYBX8

 

 

ULLA ORALMENTE no Vedra medra

Hoxe 24 de maio, estivo connosco Isa Albela da Asociación Raiceiros de San Miguel de Sarandón presentando no centro o caderno de campo ULLA ORALMENTE e desenvolvendo un obradoiro de Literatura tradicional con base no anterior recurso e a partir da tradición ullá. 

Participaron os alumnos e alumnas de 1º da ESO e o vindeiro mércores tocaralles aos de 6.º de educación primaria.

A asociación vedresa Raiceiros centra a súa actividade en recuperar e difundir o patrimonio cultural da contorna ullá desde o ano 2001. Froito do seu traballo son, entre outras, as publicacións Coplas ulláns (2009), Cántigas da Ulla (2010), Ulla naturalmente (2009), Ballesteros. O fotógrafo (2016) e As pontes do Ulla (2013).

Para saber máis das súas actuacións: http://www.raiceiros.org/

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

Primeira saída. MIRANDO POLO CAMIÑO: A Vía da Prata ao seu paso por Vedra

O mércores día 5 de maio, o alumnado de  3º ESO A realizou o treito da Vía da Prata entre A Ponte Ulla e a capela do Santiaguiño en San Pedro de Vilanova.  Á parte de percorrer este treito dun dos camiños de Santiago ao seu paso por terras de Vedra realizaron un gran xogo ao longo de toda a ruta. A actividade baseábase en percorrer uns 6 km da Vía da Prata mirando a paisaxe, escoitando a natureza, tocando distintas realidades, respirando e ulindo os elementos naturais que ían atopando e, sobre todo, sentindo o significado do Camiño. Ao final, todos os participantes recibiron un documento que acreditaba a participación e superación das diferentes trabas e obstáculos cos que bateron ao longo da andaina.

Xulia Marqués (Coordinadora)

Ver imaxes

 

Ana Filgueiras visita o CPI de Vedra

O pasado venres 9 de abril  estivo connosco no centro educativo a arqueóloga, Ana I. Filgueiras. O alumnado de 3.º da ESO tivo a ocasión de escoitar o seu relatorio "Camiño e tradición, o oficio de andar" en que investigadora  e veciña de Vedra abordou o significado do legado cultural relacionado co Camiño, tanto nos seus aspectos prácticos como simbólicos e outros temas directamente vinculados coa peregrinación e o tránsito que deixaron a súa marca na paisaxe e na alma da xente ullá.

 Esta actuación encádrase dentro do programa de innovación educativa  Proxecta 20-21. Mirando polo Camiño  promovido pola Consellería de Educación e a Dirección Xeral do Patrimonio e do que Vedra medra forma parte co proxecto "De cruces, cruceiros, camiñantes e camiños cara a Compostela".

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

 

Vedra medra. Entroido 2021, outros tempos, novos modos

Vedra medra non quixo pasar por alto o Entroido 2021 e, ao non poder facer como era habitual os atranques, nin dar os vivas pensamos nunha actividade alternativa: reinterpretar as máscaras que temos que poñer cada día para protexernos con motivos dos traxes dos xenerais da Ulla.

Resultou finalmente unha proposta de Entroido sobre fondo negro, metáfora dos tempos de pandemia que nos toca vivir. A máscara negra engalanámola con cores brillantes seguindo os motivos da indumentaria tradicional dos xenerais e correos utilizando abelorios, flocos dourados, plumas, fitas de cores… que foron cosendo ou pegando pacientemente os rapaces e as nais. 

Son obra do alumnado de 3.º da ESO e foron obxecto dunha exposición no centro e base dunha reportaxe fotográfica que pode verse no web do centro e no Facebook Vedra medra.

E á falta do vistoso espectáculo dos atranques, recuperamos por vez primeira a tradición de "poñer o burro". Aínda que sexa propia do Domingo de Piñata, adiantámonos e fixemos a actividade en 1.º e 3.º da ESO. 

Escribimos «coplas do burro» utilizando dous soportes en función da temática, as de amor (ou afecto) nun que imita a figura dun burro namorado e as de crítica ou burla nun que semella o burro dando un couce.

Por obra dalgún demachiño que anda por aí solto… apareceron dous burros nos corredores do centro e procedemos á interpretación: reparto e a lectura das coplas. En breve, subiremos ao Facebook as fotos e a gravación do acto.

Pendentes de difusión están aínda outras achegas que o alumnado de 4.º e 3.º da ESO está elaborando con base naqueles recordos en color que nos veñen á memoria tras ver as fotografías de cursos pasados. Agardamos impacientes os resultados.

Desde Vedra medra queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que nos axudaron e fixeron posible coa súa colaboración que estas tradicións poidan continuar celebrándose no CPI de Vedra mesmo nestes tempos escuros.

Pódese ver un album de fotos aquí

 

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

Vedra medra: resumo do ano

Video resumo do curso 2019-2020

 

Monográfico carpinteiros

 

Muller e traballo no rural

 

Vedra medra. Camelias para Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía e a Festa da exaltación da camelia 2020, o CPI de Vedra presenta a peza "Camelias para Rosalía" sumándose así ao festexo local.

Vedra medra vén colaborando habitualmente con asociacións culturais e entidades vedresas en actuacións de dinamización na contorna e esta é unha contribución máis.

A coincidencia no tempo das dúas festas levounos a deseñar unha proposta en honra da escritora utilizando como base a flor de Vedra por excelencia, a camelia, en cuxos pétalos inserimos poemas de Cantares Gallegos e de Follas novas. Acompañamos o cartel dunha gravación dos textos rosalianos utilizados.

Participaron en "Camelias para Rosalía" os/as alumnos/as de 1º e 2º da ESO desde a materia de Lingua Galega. A rapazada de 2º ESO encargouse da lectura, gravación e música da peza que acompañará o cartel e que formará parte da exposición que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro en Sta. Cruz de Ribadulla.

Galería de fotos

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

Distribuir contido


by Dr. Radut