Skip to Content

Comedor

AUTORIZADAS AS PRAZAS DE COMEDOR

No día de hoxe a Consellería confirmou a autorización das prazas pendentes para os usuarios de comedor que quedaran na Listaxe de espera, polo que a partires de mañá mércores día 22 xa se incorporarán todos ao servizo, coincidindo con final do período de adaptación de 4º Infantil

MENÚS COMEDOR ESCOLAR

   CURSO 2021-2022  
SETEMBRO_2021 FEBREIRO
      OUTUBRO 2021               MARZO        
NOVEMBRO ABRIL
DECEMBRO MAIO
XANEIRO XUÑO

LISTAXES USUARIOS COMEDOR ESCOLAR 2021-22

Comunicamos que están publicadas nos taboleiros do centro as LISTAXES PROVISIONAIS DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR, ADMITIDOS E EN LISTAXE DE ESPERA, para o curso 2021-2022.

Está solicitada a ampliación das prazas necesarias para dar servizo tamén a todos os da listaxe de espera. Esta ampliación non se resolverá ata setembro.

Para favorecer a consulta das listaxes, lembramos que todos aqueles que foron usuarios no curso 2020-21, están admitidos. 

Ábrese un prazo desde hoxe ata venres día 30 de xullo para posibles reclamacións.

Para calquera dúbida poden consultar coa Dirección e Secrataría do centro nos teléfonos habituais.

COMEDOR ESCOLAR

LEXISLACIÓN DOCUMENTOS

INSTRUCIÓN 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-2021 

 

DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

 

ORDE do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

AVISOS COMEDOR ESCOLAR

Durante este mes de xullo, publicarase a listaxe de alumnado admitido e excluído (de ser o caso) como usuario do Comedor Escolar, ordeado segundo os criterios establecidos pola Instrucción 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, no curso 2021-2022

Todo o alumnado admitido como usuario deberá entregar o impreso de autodeclaración de prezos públicos de comedor antes do 8 de setembro (recomendamos facelo antes do 31 de xullo.)

      Impreso autodeclaración

Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores de comedor ata o 8 de setembro

       Ver anuncio

 Instrucción 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, no curso 2021-2022

PROCESO DE PAGAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR - INSTRUCIÓNS

Todas as persoas usuarias do comedor escolar ás que lle corresponde pagar algún dos prezos públicos segundo a Instrución 2/2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-21, deben facer o pago nos primeiros vinte días do mes seguinte. As formas de pagamento poden ser as seguintes:

Nas entidades bancarias autorizadas pola Consellería de Facenda: o centro entregará aos usuarios/as os impresos de pagamento; os suxeitos pagadores unha vez feito o ingreso nas entidades autorizadas, deberán entregar no centro, os xustificantes para “a administración”, debidamente validados polas entidades bancarias de depósito.

A través do Espazo Abalar: os impresos estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de obtelos a través do centro. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que non terán que presentar xustificante no centro.

A través da Oficina Virtual Tributaria: as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria para realizar os pagamentos de xeito telemático. Os suxeitos que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 días primeiros de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondente. Dispoñedes do manual de pago a continuación.

Manual Pago Telemático Taxas Comedor.

Enlace á páxina de pagamento (OVT).

Video titorial para pagamento por Espazo Abalar

LISTAXE DEFINITIVA DE NOVOS USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2020/21

Publicamos as listaxes DEFINITIVAS de novos usuarios de COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso 2020/21, aprobadas polo Consello Escolar do centro, na reunión do día 18 de agosto de 2020.

ESTÁN EXPOSTAS NOS TABOLEIROS DO CENTRO

NOTA IMPORTANTE: O alumnado non admitido (un total de 9) queda en LISTA DE ESPERA, en previsión de posibles baixas de usuarios.

O alumnado que foi usuario no curso anterior, e o solicitou de novo, xa está admitido.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro: 881867015-696454033.

AVISOS IMPORTANTES: 

  1. Segundo a Instrución da SXT, os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
  2. A listaxe de admitidos pode verse afectada por novas medidas que adopte a Consellería en función da evolución da pandemia da COVID-19 que poidan reducir o aforo do comedor ou modificar as condicións do servizo.
Distribuir contido


by Dr. Radut