Skip to Content

Animación á lectura

Boletín de Recomendacións Lectoras Nadal 2020

O equipo da Biblioteca do CPI Plurilingüe de Vedra ven de elaborar uns boletíns de recomendacións lectoras para estas vacacións de Nadal. Seguindo o protocolo COVID, este curso o boletín non se entrega en papel senón que pode ser lido en rede. Esperamos que o disfrutedes e aproveitedes.

 

Boletín de Recomendacións Lectoras para Primaria

 

Boletín de Recomendacións Lectoras para Secundaria

 

 

Felices Festas!

Boletín de Recomendacións Lectoras Verán 2021

Achegámosvos o boletín de verán de recomendacións lectoras elaborado polo Equipo de dinamización da Biblioteca do CPI Plurilingüe de Vedra. Esperamos que vos sexa útil.

 
Bo verán!
 
 

Recomendacións lectoras

Estas son as nosas recomendacións lectoras para dar a benvida ao 2020.

 

Boletín de Primaria

Boletín de Secundaria

Boletín BIBLIOtk

Valentín Paz Andrade

Aquí tedes unha reseña do prolífico personaxe da cultura  galega ao que se lle dedicou este ano o DÍA das LETRAS  GALEGAS

Celso Emilio antibelicista

Unha das características de Celso Emilio é o seu antibelicismo. Celebramos o día da paz cun poema seu.

TEMPO DE CHORAR

 

Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

 

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

 

E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.

CUNQUEIRO

Cunqueiro 100 anos

 

Preme aquí

Día das LIBRARÍAS

A BIBLIOTECA do CPI de VEDRA, co gallo da celebración  do "DÍA das LIBRARÍAS", anima a que se visiten as librarías

LOIS PEREIRO. Guía de Lectura

Aquí tendes unha guía do poeta Lois Pereiro:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut